O Concerto-Homenaxe a Celso Emilio celebraráse o día 26 de Xuño do 2012 en Vigo

Jun 14, 2012 editor de CEF novas

26 de Xuño do 2012
Concerto homenaxe

Ademais da exposición, a Consellería de Cultura e Educación organiza na cidade da oliveira un concerto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, que terá lugar o martes 26 de xuño, ás 20:00 horas, no Teatro do Centro Cultural Novacaixagalicia, e que será de entrada aberta e gratuíta. O evento congregará diversas propostas artísticas, dos ámbitos musical e poético, baseadas na obra do escritor, da man de voces novas da cultura galega.

As actuacións de Ataque Escampe, El Puto Coke, Patricia Moon e Frans Banfield, Davide e Luis Emilio Batallán compartirán escenario coas intervencións de Inma López Silva, Rexina Vega ou Xesús Alonso Montero. No concerto, que será presentado por Yolanda Castaño, tamén participarán alumnado da Escola Superior de Arte Dramática e do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, así como a Coral de Beade.

Artigos relacionados


Celso Emilio, Tríadas de Amor al Pueblo
Nota necrolóxica, poema de Celso Emilio cantado por Luis Emilio Batallán
Celso Emilio, poema “Alma da Terra” na Antártida