Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro

Jun 27, 2012 editor de CEF novas

27 Xuño do 2012

Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro.
A campaña Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro consiste nunha acción de buzoneo masivo dun completo folleto sobre o poeta, que se distribúe nas 28 localidades galegas que contan cunha rúa dedicada a Celso Emilio. O obxectivo é que os cidadáns tomen conciencia de quen era o celanovés, do valor da súa obra e que desde ese achegamento á figura do poeta, sintan o orgullo de vivir na rúa que leva o seu nome.
Ouvirmos deseña e produce esta campaña para a Xunta de Galicia dentro dos actos do centenario. Hoxe, 27 de xuño, distribúese na provincia de Lugo: en Lugo capital, Sarria, Monforte de Lemos, O Saviñao, Viveiro e Burela. Nesta última localidade preséntase aos medios de comunicación a distribución da campaña Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro na provincia. Farémolo cun acto diferente, onde estudantes, comerciantes, inmigrantes, etc. participarán recitando na rúa os versos de Celso Emilio.

Podedes ver e descargar o folleto completo en:
http://ouvirmos.com/web/wp-content/uploads/2012/04/F-BUZONEO-AnoCEF.pdf

 

Artigos relacionados


Recital, no Día da Poesía, dedicado a Celso Emilio Ferreiro no Liceo de Ourense
Mostra multimedia Celso Emilio Ferreiro para centros de ensino e bibliotecas nodais de Galicia
Máis de 1.200 alumnos buscaron a “Longa noite de pedra”