En ocasións disfrazada como “aventura migratoria” ou termos semellantes, a saída de Celso Emilio Ferreiro cara a América responde, na realidade, á única posibilidade que lle quedaba logo de sentir moi próximo o alento da persecución das forzas represivas do réxime franquista. Relátao moi diafanamente nunha carta persoal dirixida a Camilo Díaz que explica por que aceptou o posto de activista cultural no seo da Irmandade Galega de Caracas.
Baldomero Fernández, José Seijo, Jesús López e Celso Emilio, o terceiro pola esquerda, na súa chegada a La Guaira, entrada marítima de Venezuela, no Santa María en xuño de 1966.
Celso Emilio, o segundo pola esquerda, co seu amigo, o poeta e debuxante Xosé Sesto, a súa dona Charo e Jaime Sesto, na praia da baía de Cata. Caracas, 1966.
Entrega de premios en 1967 na Hermandad Gallega de Caracas, onde Celso Emilio exercía o cargo de director de Cultura, responsable da publicación Irmandade, o programa de radio e a Escola Castelao.
De vacacións con Moraima nos Andes venezolanos (Santo Domingo), en agosto de 1968.
Celso Emilio, o segundo pola dereita, co ex vicepresidente de Venezuela, José Vicente Rangel, e o secretario do Partido Comunista Español de Venezuela en aquela época, Manuel Gallego. Caracas, 1969.
Na biblioteca da súa casa de Caracas en 1970 acompañado por Xulio Formoso, xornalista e daquela xefe de prensa do Ministerio de Minas de Venezuela. O seu fillo musicaría o poema de Celso Emilio O dedo na chaga.
Na súa casa de Caracas en 1970 co comandante Soutomaior, quen dirixiu o secuestro do buque Santa María como protesta contra as dictaduras española e portuguesa.
Celso Emilio, o primeiro pola dereita, con Joaquín Marta Sosa e co poeta Pedro Francisco Lizardo, ollando a primeira edición de Longa noite de pedra. Caracas, 1971.
A familia Ferreiro na despedida de Venezuela. La Guaira, 5 de maio de 1973.