A primeiros de 1973 retorna a España con destino a Madrid logo de que Álvaro Gil o contrate para traballar na revista Tribuna médica, da que era presidente do consello de administración. De novo son moitas as portas que se lle pechan en Galicia.
Luís Soto, Celso Emilio e Manuel María nunha festa en San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense) en setembro de 1973.
Celso Emilio e Basilio Losada na Praza de San Marcos en Venecia, onde acudiran a un congreso de escritores en 1975.
Celso Emilio na súa casa de Madrid con Ernesto Cardenal, a quen aloxou en 1977 cando o poeta nicaraguano veu ofrecer unhas conferencias.
Acto na Aula de Cultura Galega do Ateneo de Madrid, da que era director o poeta. Na mesa, entre outros, Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio e Daniel Cortezón. Madrid, 1977.
Conferencia de Celso Emilio Ferreiro, o cuarto pola esquerda, no Liceo de Artesanos de Monelos en 1978. Aparecen tamén na foto Marino Donega, Raúl Grien, Bocelo, o pintor José Luis e Andrés José Sánchez Díaz.
Imaxe do poeta tomada en Madrid nos anos 70.
Con Moraima e a súa neta Raquel. San Xurxo, 25 de agosto de 1979. Esta é a última fotografía do poeta.
Enterro de Celso Emilio Ferreiro en Celanova, 1979. Parada do féretro ante o busto de Curros Enríquez.