Entradas de] editor de CEF

Recital poético en Celanova adicado a Celso Emilio

No Auditorio Municipal Ilduara de Celanova, terá lugar o luns 16/7/2012 a partires das 20.00 horas, un recital poético-musical adicado a Celso Emilio Ferreiro. Con esta actividade pechase o ciclo Galicia Clasiccs, da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O recital, que leva por título Onde o mundo se chama Celanova,de Curros a Celso Emilio, foi […]

Máis de 1.200 alumnos buscaron a "Longa noite de pedra"

Foron 1.284 alumnos de 35 centros escolares os que durante o primeiro semestre deste ano participaron no xogo literario “Cen poemas en Celanova”. A actividade consistía en localizar nos escaparates da vila as estrofas do coñecido poema “Longa noite de pedra”. Coa axuda dun plano de Celanova coa localización dos poemas, os estudantes tiveron a […]

Celebrouse a homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na Casa de Galicia de Madrid

(Información vía La Región) O escritor de orixe ourensá Celso Emilio Ferreiro foi homenaxeado onte en Madrid polo centenario do seu nacemento, nun acto poético musical que tivo lugar na Casa de Galicia. Autoridades locais e galegas, persoeiros da cultura, familiares, amigos e numerosas persoas interesadas tamén na figura do poeta participaron neste acto de […]

O meu primeiro Celso Emilio

  Pequeno Merlín INFANTIL E XUVENIL Cando se cumpren os cen anos do seu nacemento, O meu primeiro Celso Emilio é unha homenaxe sentida a unha persoa –o escritor Celso Emilio Ferreiro- que, mesmo por riba da súa evidente e recoñecida valía literaria, estivo en todo momento coa xente e a xente foi canda el, […]

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo lembra a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario

Reivindicar a figura humana e a obra literaria de Celso Emilio Ferreiro, un dos escritores máis destacados da literatura galega contemporánea e un dos poetas sociais máis relevantes das letras hispánicas. Este é o principal obxectivo do curso titulado: “Celso Emilio Ferreiro (1912-2012). Ética e poética”, que se vai celebrar durante os días 16, 17 […]

Dun tempo e dunha terra

O  próximo sábado día 30 de Xuño, na Feira do libro de Vigo, terá lugar a presentación do libro Dun tempo e dunha terra, antoloxía poética de Celso Emilio Ferreiro. Será as 19:00 e estarán no acto Luis Ferreiro Loredo (Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro), Gonzalo Navaza ( o autor da selección dos textos) , Ignacio […]

RECITAL POÉTICO-MUSICAL NO CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO

Hoxe  29 de Xuño do 2012 as 20:00 horas na  Fundación Novacaixagalicia de Lugo. Programación do ciclo Galicia Classics, que este venres 29 chega a Lugo co recital poético-musical Onde o mundo se chama Celanova. De Curros a Celso Emilio, ideado con motivo da conmemoración en 2012 do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. O Centro […]

La campaña sobre Celso Emilio Ferreiro llega a Burela

La Xunta de Galicia lleva a cabo una campaña de divulgación de la vida y obra de Celso Emilio Ferreiro. El miércoles 27 llegó a Burela, de la mano del Gobierno gallego, el Concello burelense y el IES Perdouro, donde tendrá lugar el primero de los actos, a partir de las once de la mañana, […]

ENOGASTROFONÍAS FERREIRIANAS NA FEIRA DO LIBRO-VIGO

ENOGASTROFONÍAS FERREIRIANAS VIGO. Arraianos propón un espectáculo con música, poesía e cociña en directo que nos convida a un percorrido estimulante e sensorial pola vida e a obra de Celso Emilio Ferreiro, da man dos enogastrophones… o domingo, 1 de xullo ás 21 horas na Feira do Libro de Vigo (na Alameda).