21-04-2013

A FEIRA DO LIBRO DE FERROL
e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

comprácense en convidalo/a aos seguintes actos:

Día 23  de Abril, MARTES    DÍA DO LIBRO 

20:00 horas:   Presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro 

                         de Ramón Nicolás.

Participan: Luis Ferreiro, Fran Alonso e Ramón Nicolás.

Lugar: Cantón de Molins

20-04-2013

O celanovés Aser Álvarez foi nomeado ganador da edición de 2013 do premio xornalístico “Xosé Aurelio Carracedo“, concedido pola Diputación de Ourense e cunha dotación de 3.000 euros, polo seu documental 100%CEF. Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro”, que recibiu tamén o premio Mestre Mateo na súa categoría.
Álvarez foi elixido por unanimidade do xurado, que ditaminou a resolución hoxe, destacando desta obra a súa “innovación no tratamento informativo” que “abre novas portas a o xornalismo ao conxugar elementos puramente informativos con técnicas e narrativa cinematográfica, o que contribúe a enriquecer a mensaxe”, segundo explicaron en comunicado de prensa.
Así mesmo, o xurado subliñou que o traballo premiado “inclúe novos aspectos e enfoques da vida de Celso Emilio Ferreiro” alternando a “destacados personaxes coa voz do pobo e xente anónima” o que potencia o seu “carácter didáctico”.

Para rematar destacou que “ensalza aspectos como a ourensanía e a calidade informativa, premisa básica que sempre presidiu o labor profesional de Xosé Aurelio Carracedo”.
O premiado, pola súa banda, explicou para EFE que “sentiu unha felicidade moi grande” en boa medida “polo recoñecemento que supón cara a Celso Emilio” cando coñeceu que outorgáraselle este galardón. “É un proxecto humilde, pero feito con moita paixón” o que demostra que en tempos de crises “pode suplirse a falta de medios con imaxinación, ilusión e paixón”.

Este proxecto, explicou, comezou a fraguarse en 2006, coa súa participación no monográfico que o colectivo Arraianos fixo sobre Celso Emilio. Despois “no ano de o centenario, estábanse facendo moitas cousas, pero faltaba a achega audiovisual” cando “o propio Celso Emilio xa intuía que o audiovisual ía abrir novas portas” a todas as manifestacións artísticas.
Foi así, ante esta necesidade, como se concretou este documental.
Máis de cen horas de grabación deron lugar a esta peza de 60 minutos co obxectivo de “ampliar a gran familia de lectores” atendendo ao carácter “contemporáneo da obra de Celso Emilio”.
Álvarez cualificou este traballo como “fresco, contemporáneo e nada académico”
O premiado quixo mostrar o seu agradecimiento a Arraianos ademais de asegurar que a maior parte do éxito deste documental débese “á propia figura de Celso Emilio” a quen se sente moi vinculado por haber nado e crecido en Celanova, localidade natal do escritor. Desde a Diputación destacaron tamén o currículo de Álvarez como licenciado en Ciencias Políticas, cun máster en xornalismo ademais de ser especialista en Comunicación Audiovisual.
O xurado insistiu na “alta calidade de todos os traballos presentados” e agradeceu aos participantes por contribuír a honrar a figura de Xosé Aurelio Carracedo”, xornalista ourensano falecido nun accidente de tráfico.
A entrega do premio terá lugar na Diputación de Ourense o día 3 de maio, Día Internacional da Liberdade de Prensa.

 

 

10-04-2013

No Palacio da Ópera da Coruña, celebróuse o sábado día 6 de Abril a entrega de premios da XI Edición dos “Premios Mestre Mateo”. A TVG presentou 100% CEF que acadou
o premio ao mellor  documental.
O Documental: 100% CEF, que fai un percorrido pola vida e a obra de Celso Emilio, está dirixido por Aser Álvarez e producido pola Asociación cultural ecoloxista de montaña e desenvolvemento rural Arraianos e TVG.

Ver a entrega do premio:

[button href=”http://www.youtube.com/watch?v=FuI52gJDoA0&feature=youtu.be” color=”red” size=”xlarge” ]Premar[/button]


En el Palacio de la Ópera de La Coruña, se celebro el pasado sábado 6 de Abril la entrega de los premios de la XI Edición “Premios Mestre Mateo”.
TVG presentó 100% CEF que consiguió el premio al mejor documental.
El Documental 100% CEF , que hace un recorrido por la obra y la vida de Celso Emilio, está dirgido por Aser Álvarez y producido por la Asociación cultural ecologista de montaña
y desenvolvimiento rural  Arraianos y TVG.

Ver la entrega del premio:

[button href=”http://www.youtube.com/watch?v=FuI52gJDoA0&feature=youtu.be” color=”red” size=”xlarge” ]Pulsar[/button]

 

03-04-2013

A Leopolda Ferreiro os presos de Celanova

MCMXXXIX

Acto de presentación da edición facsimilar de LF.

 

Trátase dun documento de 1939, pertencente ao arquivo familiar, do que realizou unha edición limitada a Fundación Celso Emilio Ferreiro en 2012.
Contén as sinaturas de 544 presos do convento de Celanova.

Lugar de celebración: Biblioteca do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro.

Data: 11 de abril de 2013, ás 19.00 h.

Organiza: Fundación Celso Emilio Ferreiro

Colaboran: Biblioteca do IES de Celanova – Coordinadora comarcal ENDL Terra de Celanova – Baixa Limia

Programa:

“Olladas dos homes que ao lonxe espreitan”Xoán Carlos Domínguez Alberte (profesor e escritor).

“A edición de LF.” – Luís Ferreiro Loredo (membro da Fundación Celso Emilio Ferreiro).

“Ideas coas que non puideron acabar” – Xosé Manuel Cid Fernández (profesor, especialista no maxisterio da Segunda República).

“Poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro” – voz, Teresa Elvira López Martínez (alumna da ESO do IES Aquis Querquernis – Bande) / piano, Irma Fernández (profesora de música do IES de Celanova).

“Recitado de textos de Celso Emilio Ferreiro” – alumnado do IES de Celanova

Presentación do logotipo do IES Celanova Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo poeta e pintor celanovés Baldo Ramos

Letras da Baixa Limia – presentación do audiovisual elaborado por alumnado de Bacharelato do IES Aquis Querquernis (Bande) sobre o patrimonio literario da Baixa Limia.

                                          

21-03-2013

A Casa dás Crechas proxecta 100% CEF, un documental froito da edición e a montaxe de case cen horas de gravación con entrevistas, colaboracións artísticas, lecturas de poemas e musica, que axuda a debuxar un retrato contemporáneo e pouco académico de Celso Emilio Ferreiro, 100 anos logo do seu nacemento. Este traballo audiovisual, escrito e dirixido polo celanovés Aser Álvarez e con Luís Tosar no papel de Celso Emilio, foi gravado en Celanova, Acebedo, Vigo, Pontevedra, Santiago, Asturias e Ourense. A TVG,  a Xunta de Galicia e os concellos de Pontevedra, Vigo e Celanova, ademais de ducias de empresas e particulares colaboran neste traballo, promovido por Arraianos e coproducido con Asombra. Ao longo dunha hora de duración, Celso Emilio Fereiro (Celanova, 1912- Vigo, 1979) é (re)construído a través de entrevistas con familiares, expertos, historiadores, literatos, amigos e grazas á participación de persoas anónimas e coñecidas que recitan, len, rapean e cantan os seus poemas, demostrando que CEF é un dos poetas máis populares de Galicia.
“É un documental biográfico pero que non aspira a abarcar toda a súa vida e obra, senón que se trata dun exercicio interpretativo onde damos voz a xente moi diversa e heteroxénea“, asegura o director, guionista e productor executivo, Aser Álvarez. Este traballo audiovisual, que conta con Luís Tosar no papel de Celso Emilio, pechou os actos do Centenario de CEF. Esta montaxe é o resultado dun intenso traballo de investigación e achega á vida e obra do poeta de Celanova, que levou ao equipo dirixido por Álvarez a rebuscar en arquivos de Asturias, Celanova, Madrid, Vigo, Pontevedra e Venezuela.
Este “retrato poliédrico e moi ferreirano” de CEF faise a través de charlas cos seus fillos, Isabel e Luís, os seus biógrafos, Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás, o seu amigo e paisano, o expresidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín; Xosé Neira Vilas, Suso de Toro ou Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira e Daniel Salgado, entre outros.
Os poemas chegan coa voz de cantantes como Luís Emilio Batallán, Xiana e Xosé Lastra, Mini e Mero, pero sobre todo co punk dos Labregos do Tempo dos Sputnik, e co rap máis contemporáneo de Ferriman, Nuno e Fred.
O documental tamén conta coas colaboracións de artistas como Baldo Ramos, que elabora un libro de artista que funciona como fío condutor do documental, Francisco Leiro, Manolo Paz ou Baldomero Moreiras.

Máis información:
Lugar: Casa dás Crechas
Localización: Rúa dá Via Sacra, 3, Santiago de Compostela, 15782
Hora de inicio: 20:00
Data de inicio: 21/03/2013
Gratuito: Si

21-03-2013

O Venres 22/03 no Museo do Moble e dá Madeira (MOME) da Estrada ,terá lugar a proxección do documental sobre a vida de Celso Emilio Ferreiro, 100% CEF, unha peza nomeada aos Premios Mestre Mateo 2013 da Academia Galega do Audiovisual, como mellor traballo documental. A obra será presentada polo seu director, guionista e productor executivo, Aser Álvarez.
O pase está programado para as 20.30 horas. O documental foi presentado tamén aos Premios Iris da Academia das Ciencias e das Artes da Televisión de España, ademais de entrar en concurso en varios festivales nacionais e internacionais de documentales.

17-03-2013

Homenage a Celso Emilio Ferreiro organizada pola Associaçom Cultural Roxin Roxal. Actuaçom musical de Mini e Mero,María Manuela e Xiana Lastra sobre o livro-disco “O meu primeiro Celso Emilio”.
Betanços,Sexta-feira 15 de Março  2013.

Velahí algunhas das cancions.

[button href=”http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=WtHBVrpX5yg” color=”red” icon=”star” ]Maria Soliña[/button] [button href=”http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=s-0JmzYlRXc” color=”red” icon=”star” ]Agardarei[/button] [button href=”http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=82fApF5cyNE” color=”red” icon=”star” ]Eu en tí[/button] [button href=”http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=nkBpWDHIkzw” color=”red” icon=”star” ]Irmaus[/button]

 

 

14-03-2013, Roxin Roxal,Asociación Cultural libre de Paderne

A próxima Sexta-feira (Venres) 15 terá lugar na Aula de Municipal de Cultura de Betanços um acto de homenage a Celso Emilio Ferreiro no centenário do seu nacemento. O acto será duplo, e constará da presentaçom do livro Cartafol de soños, editado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, e a actuaçom musical de Mini, Mero, María Manuela e Xiana Lastra sobre o livro-disco O Meu Primeiro Celso Emilio.
Os actos começarám às 8 do serám e despois, como de costume, teremos organizada umha pequena velada de pinchos no bar-restaurante Os Arcos (10 ou 12€). As e os que desejarem ficar despois do acto, por favor, avisai-nos para comunicá-lo ao estabelecemento.

11-03-2013

Hoxe 11 de Marzal do 2013, as 19:30 horas no Ateneo de Madrid ,Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro.

Organizan o Centro de Estudios Galegos do Ateneo de Madrid e o Centro de Estudios Galegos da Universidade Complutense de Madrid.

7 de marzo de 2013,Iria Flavia (Coruña)

As entidades intercambian en copia dixital os fondos correspondentes á intensa relación que ambos escritores mantiveron.

Trátase de máis de 170 cartas cruzadas e diverso material relativo á revista de creación literaria “Papeles de Son Armadans”, fundada e dirixida por Cela de 1956 a 1979 e na que colaborou activamente Celso Emilio Ferreiro

.– A Fundación Pública Galega Camilo José Cela e a Fundación Celso Emilio Ferreiro veñen de realizar un importante intercambio documental que permitirá a estudosos e investigadores destes dous grandes escritores galegos o acceso ao fondo documental conxunto que se conservaba en ambas fundacións.

Deste xeito, póñense a disposición da comunidade científica máis de 170 cartas e documentos que amosan a intensa relación literaria e profunda amizade que uniu ao premio Nobel padronés e ao poeta de Celanova dende finais dos 40 ate o falecemento do segundo en 1979. Unha relación que se consolidou nos anos 50 a raíz da continua colaboración do poeta na revista de creación literaria Papeles de Son Armadans (fundada e dirixida por Cela entre 1956 e 1979) e por mor da participación de Celso Emilio nas Conversaciones poéticas de Formentor organizadas tamén por Cela en 1959.

Referencias persoais, anécdotas e expresións de profundo amor a Galicia impregnan esta relación epistolar que, sen dúbida, sorprenderá a moitos, pero que non deixa de ser unha mostra máis da enorme personalidade destes dous clásicos.

Dende ambas institucións quérese salientar que este é o primeiro banzo dunha liña de traballo conxunto en prol do fomento da obra de Cela e Ferreiro, á procura dun beneficio mutuo na difusión do traballo de ambos creadores.