30-12-2012,Conselleria de Cultura

A Secretaria Xeral de Cultura colaborou na realización da longametraxe, a cuxa emisión en Celanova asistiu este serán o secretario xeral de Política Lingüística
Baixo a dirección dee Aser Álvarez o actor Luis Tosar interpreta ao poeta galego nun percorrido pola súa vida.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria mostrou o seu apoio e respaldo á longametraxe documental 100% Celso Emilio Ferreiro. A proxección, que tivo lugar hoxe no Auditorio de Celanova, contou coa presenza do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

En relación ao documental, co que colaborou a Consellería dirixida por Xesús Vázquez Abad por medio da Secretaría Xeral de Cultura, o titular de Política Lingüística sinalou que “Non existe outro espazo máis acaído para dar a coñecer esta nova posta en valor dunha das figuras senlleiras da literatura galega de todos os tempos ca este, aquí, onde o mundo se chama Celanova. Un lugar desde o que a nosa lingua rexurdiu e se deu a coñecer fóra das nosas fronteiras, da man de autores tan prolíficos nas nosas letras coma Curros Enríquez, o propio Celso Emilio ou Méndez Ferrín”.

O documental

100% CEF dirixido por Aser Álvarez, e interpretado por Luis Tosar, repasa a vida do autor. Así durante unha hora realiza un percorrido por Asturias, Celanova, Madrid, Vigo Pontevedra e Venezuela, onde se gravaron entrevistas cos fillos do autor, cos seus biógrafos, e o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín, Xosé Neira Vilas ou Suso de Toro, entre outros. Ademais ao poemas de Celso Emilio aparecen interpretados por artistas como Luis Emilio Batallán ou Xiana e Xosé Lastra100% CEF pódese ver na sección de Televisión á carta do web da Compañía Radio-Televisión de Galicia: www.crtvg.es/tvg/programas/100-cef-celso-emilio-ferreiro.

A través desta gravación, dunha hora de duración trátase de ofrecer outra visión do autor nado en Celanova en 1912 e ao que durante este ano se homenaxeou, logo do acordo unánime do Parlamento galego de declarar 2012 como Ano Celso Emilio Ferreiro, co gallo do centenario do nacemento do escritor e o 50º aniversario da publicación do seu poemario Longa noite de pedra.

A Consellería de Cultura e Educación sumouse á celebración da efeméride coa posta en marcha dun amplo programa de actividades en concellos de toda a comunidade. “Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro” ou a mostra interactiva sobre o autor que percorreu numerosos centros educativos galegos foron algunhas delas. O obxectivo foi poñer en valor a importante actividade literaria e política, de compromiso con Galicia e de defensa das liberdades democráticas e difundir entre a cidadanía o legado de quen foi un principais autores da literatura galega do século XX.

 

28-12-2012,SERMOSGALIZA

A revista oral do Museo Provincial de Lugo, “O pazo das musas” pechou o día 27 o ano co número 31 dedicado a Leiras Pulpeiro e Celso Emilio Ferreiro, no fin dun 2012 no que se conmemorou o centenario da morte do primeiro e do nacemento do segundo.

O 2012 uniu a Manuel Leiras Pulpeiro e Celso Emilio Ferreiro na conmemoración dos seus centenarios. Cen anos da morte do mindoniense e do nacemento do celanovés. Desta volta, a revista oral “O Pazo das Musas”xúntaos nunha homenaxe que centra o seu número 31, o derradeiro do ano 2012.

O crítico Armando Requeixo, os xornalistas de Radio Lugo, Paco Nieto e Tania Lombao que falarán de “O son da nosa fala” ou Pilocha, que musicará poemas dos dous autores, son algunhas das persoas participantes da homenaxe. A revista contará tamén coa participación de alumnos e alumnas do IES Leiras Pulpeiro que lerán poemas do autor que lle pon nome ao centro.

Vídeos elaborados por centros escolares máis o recitado popular recóllense tamén no índice da revista, nunha lectura que quedará rexistrada no novo proxecto “Banco de Voces de Radio Lugo” que comeza a andar nesta mesma xornada.

26-12-2012

O Domingo  23 de Decembro na  “Casa del Pueblo de Cuñas” (Pontecaldelas), as 19:00 horas, houbo unha  charla-concerto:

Celso Emilio Ferreiro: A poesía indignada.

 

Participaron:
Santiago Losada Carregal, Profesor de Historia da Filosofía, e alumnos de guitarra da Casa do Pobo .

26-12-2012

A Fundación Luís Tilve

Comprácese en convidar a vostedes ó acto de presentación do libro homenaxe a Celso Emilio Ferreiro.
O acto terá lugar o vindeiro xoves, día 27 de decembro de 2012 ás 19:30 horas no  Salón de Actos da 1ª Planta de UGT-Ourense (Praza San Lázaro, nº 12, Ourense).

Intervirán na presentación: o Secretario Xeral de UGT-Ourense, José Luís Fernández Celis;
o Presidente da Fundación Luís Tilve, Xesús Mosquera Sueiro;
o Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro, Luís Ferreiro Loredo;
e o Secretario Xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez Górnez.

Desexando poder contar coa vosa presenza, recibide o noso máis cordial saúdo.

INFORMACiÓN:

TEL. 981 58-54-90 FAX 981 56-68-30
fluistilve@hotmail.com www.fundacionluistilve.com

 

25-12-2012

Poema de Celso Emilio Ferreiro cantado por Amancio Prada.

[button href=”http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=43pBgLUeGDQ#!” color=”red” size=”xlarge” icon=”star” ]Premer/Pulsar[/button]

Xuntéi o vento frío coa auga-neve,                          Junté el viento frío y el aguanieve,
xuntei a
 noite negra coa xiada,                              junté la noche negra con la helada,
e vin un neno espido nun pesebre.                        y ví un niño desnudo en un pesebre.                                                        

Qué misterio máis fondo, qué aventura:                Qué misterio más hondo, qué aventura:
O neno non quería                                               El niño no quería
gozar de outros irmáus, nin de outra axuda.  gozar de otros hermanos, ni de otra ayuda.            

Por algo estaba alí, por algo estaba                     Por algo estaba allí, por algo estaba
tan lonxe da riqueza gasalleira,                           tan lejos de la riqueza lisonjera,
tan perto da probeza desolada.                          tan cerca de la pobreza desolada.

Por algo os pastoriños se achegaron.                   Por algo los pastores se acercaron. 
E si o vento pasóu tan paseniño                          Y si el viento pasó tan lentamente
cantando soavemente, foi por algo                      cantando suavemente, fué por algo.
.
Por algo era María unha artesán,                        Por algo era María una artesana,
cando podía sere si quixera,                             cuando podía ser, si ella quisiera, 
primeira dama, esposa principal.                      primera damaesposa principal. 

Por algo era Xosé un carpinteiro                        Por algo era José un carpintero
de fortes, rexas maus encallecidas                    de fuertes recias manos encallecidas  
na garlopa, na trencha e no martelo.                 en la garlopa, en el escoplo y el martillo.

Xuntéi tódolos orfos nun só berce,                    junté todos los huérfanos en una cuna,
xuntéi as inxusticias cos aldraxes                     junté las injusticias con las ofensas
e púxenos de ofrenda nun pesebre.                y los puse de ofrenda en un pesebre. 

¿Quén foi o que roubóu o meu presente?        ¿Quién fue el que robó mi presente?

24-12-2012, La Región

A Fundación Curros Enríquez acollerá novos documentos e enseres do escritor celanovés

Poemas musicados, imaxes inéditas,audiovisuais e grabacións sonoras de Celso Emilio Ferreiro recitando os seus textos, conformarán a nova sala de exposicións da Casa dos Poetas. Ás portas da clausurar do centenario do autor de “Longa noite de pedra” a Fundación Curros Enríquez , confirmaba a ampliación dos fondos interactivos sobre o escritor. A sala  ‘A palleira’, onde se atopa unha pequena exposición sobre Celso Emilio Ferreiro pasará a ampliarse cos novos fondos.A exposición  fai un achegamento  vivo e profundo ao autor celanovés. Por iso é polo que, ademais dun catálogo multimedia, haberá algúns dos enseres persoais do escritor. Deseñada coa colaboración  da Fundación Celso Emilio Ferreiro, os devanditos fondos formaron parte da exposición interactiva montada con motivo do seu Centenario, e que  percorreu diversas bibliotecas nodais e institutos galegos.

ACTO DE DESPEDIDA
A ampliación da colección prevista para 2013 enriquecerá aínda máis si cabe, a Casa dos Poetas.  Ao longo de 2012, numerosas vilas e cidades galegas,Madrid ou Venezuela albergaron diferentes actos en homenaxe ao escritor celanovés. Conferencias, recitais, concertos e xornadas que rematarán o próximo 4 de Xaneiro. Coincidindo co que será o 101 aniversario do seu nacemento, a súa Celanova natal acollerá un acto de despedida na Praza Maior.
                                                       Sala A Palleira

20-12-2012

Por iniciativa da RadioTV  Wirtz do IES Fernando Wirtz, o alumnado do Instituto recitará poemas de Celso Emilio Ferreiroe directo, os días 19,20 e 21 de Decembro de 11:00 as 11:30 horas.
Organiza o equipo de Dinamización Lingüística e RadioTV Witrz.

 

18-12-2012

Data:                                       
19/12/2012
Hora:
as 20:00 h.
Entrada:
Libre
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.
Lugar / información:
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Olmos, 16-18, 1º
Tlf. 981 200 869
info@acalexandreboveda.org
http://www.acalexandreboveda.org

18-12-2012

O 13 de decembro, na localidade madrileña de Arganda do Rei, iniciouse a cuarta tempada do ciclo de divulgación literaria “Poesía de Oídas”. Como velada de inauguración, e trala celebración en Arganda da VII Semana da Solidariedade e o Voluntariado, a poesía social volverá ser protagonista mercé á homenaxe que renderemos a un dos máis interesantes escritores comprometidos co progreso do noso país: o galego Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), de quen neste 2012 cúmprese o centenario do seu nacemento. Combinando dinámicas propias do recital poético con estratexias de “radio-teatro”, o ciclo “Poesía de Oídas” é unha actividade encamiñada ao goce sensorial do verso, e busca, os primeiros xoves (non festivos) dos meses programados ao efecto, a formación de audiencias para a literatura no ámbito da Comunidade de Madrid, prestando atención fundamentalmente á gran poesía española e iberoamericana. A iniciativa conta co apoio e a colaboración da Concejalía de Mocidade de Arganda do Rei. Lugar e hora de celebración: Café-Teatro do Enclave Novo de Arganda, c/ Mar de Alborán, nº 1, Arganda do Rei (Madrid) / 20:00 hrs. Dirixe: Carolina Barreira. Presentan: Carolina Barreira e Antonio Daganzo. PARTITURA: IMPRESIÓNS RAPSÓDICAS

 

16-12-2012

A Fundación Luis Tilve  remata de publicar o libro “Celso Emilio Ferreiro”, colaborando con elo a celebración do Ano Celso Emilio. Na elaboración do libro participaron UXT de Galicia e a Fundación Celso Emilio Ferreiro.
Será presentado o día 27 de Decembro as 19:30 no Liceo de Ourense.