3-12-2012
La Opinión, A CoruñaE OCAMPO A CORUÑA

La cinta dirigida por Aser Álvarez, grabada en varias localidades de Galicia y Asturias, cuenta con la colaboración de un centener de familiares, amigos, expertos y artistas.

Mais o lume que alampea en cada cousa endexamais o veredes morto. Esos versos de Celso Emilio Ferreiro se han convertido en una máxima para Aser Álvarez, director del documental 100%CEF, que se estrenará en la TVG el próximo día 12 de diciembre y que demuestra la vigencia de la obra del poeta celanovés  y de su ideario, como ese fuego que no se apaga  cien años después de su nacimiento.

Se trata de una propuesta audiovisual poliédrica y contemporánea, que cuenta con el actor Luis Tosar en el papel de Celso Emilio y la colaboración de casi un centenar de familiares, amigos, expertos, artistas, músicos y personas anónimas y conocidas que recitan, rapean o leen sus poemas.

Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912-Vigo, 1979) es reconstruido a través de más de cincuenta entrevistas en esta cinta, cuya emisión cerrará los actos del centenario de Celso Emilio Ferreiro coincidiendo con una lectura simultánea de poemas en centros educativos de Galicia.

“É un documental biográfico pero non aspira a abarcar toda a súa vida e obra, senón que se trata dun exercicio interpretativo onde lle damos voz a xente moi diversa”, asegura el director, guionista y productor ejecutivo.

El montaje es el resultado de un intenso trabajo de investigación y acercamiento a la figura del poeta celanovés, que llevó al equipo dirigido por Aser Álvarez a investigar en archivos de Asturias, Celanova, Madrid, Vigo, Pontevedra y Venezuela y a grabar en siete ciudades. Este retrato de Celso Emilio se realiza a través del testimonio y las conversaciones con sus hijos, Isabel y Luis; sus biógrafos, Xesús Alonso Montero y Ramón Nicolás; el amigo y actual presidente de la RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín; y otros como Xosé Neira Vilas, Suso de Toro o Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira y Daniel Salgado. Voces como la de Luís Emilio Batallán, Xiana Lastra y Mini e Mero y sobre todo el punk de Os Labregos do Tempo dos Sputniks– ponen la nota musical a los poemas. A través de diferentes disciplinas artísticas, el hilo transcurre por la vida de Celso Emilio Ferreiro, con la pretensión de hacer de él “un pandeiro”.

El trabajo, promovido por la Asociación Arraianos, cuenta con la colaboración de la TVG, la Consellería de Educación y Cultura, los concellos de Pontevedra, Vigo y Celanova y la Fundación Celso Emilio Ferreiro.

 

 

2-12-2012

                                       Maratón radiofónico en directo

Os días 19, 20 e 21 de Decembro do 2012,  de 11:00 a 11:30 horas, nos estudios de Radio TV Wirtz, na Coruña, o alumnado do Instituto Fernando Wirtz, recitará poemas de Celso Emilio Ferreiro.

Organiza:
Equipo de Dinamización Lingüistíca.

2-12-2012

                Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu Centenario (1912-2012)
Portas Ártabras, Rúa Sinagoga 22, A Coruña as 20:00 horas

Presentación do libro “Cartafol de Soños”, obra colectiva de doce poetas galegos adicados a Celso Emilio:

Isaac Alonso Estraviz, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Carmen Blanco,Vicente Araguas, Darío Xohán Cabana,Margarita Ledo Andión,Lois Diéguez, Xesús Rábade Paredes, Anxeles Penas,Claudio Rodríguez Fer, Alberte Suras, Luz Pozo Garza.
Llustracións de Felipe Senén
Intervirán:
Isaac Alonso Estraviz,Lois Diéguez,Xesús Rábade Paredes,Anxeles Penas e  Alberte Suras.

2-12-2012

A esperanza de Celso Emilio

Conferencia do Profesor Alberte Suras no IES Fernando Wirtz da Coruña o 19 de Decembro as 13:10 horas.

30-11-2012

Venres, 30 novembro 2012
17,00 horas

A Fundación Curros Enriquez en colaboración coa Asociación de Amas de Casa “lIduara”, organizan un roteiro literario que centrará a súa temática na muller e na influencia que algunhas mulleres exerceron sobre os grandes escritores de Celanova (Celso Emilio Ferreiro, Manuel Curros Enrrquez ou Castor Elices), xa fosen namoradas súas (Celso Emilio e Moraima), xa mulleres ás que admiraban (Curros e Rosalía) ou ben de relación matriarcal (Castor Elices e Laureana). A xomada comezará ás 5 da tarde na Casa dos Poetas e percorrerá as rúas de Celanova pasando polo Mosteiro, a Alameda ou a Tabema do Galo, lugares cotíáns da vila onde os autores se inspiraron para escribir tales composicións.


 

A  A. C. Fuco Buxán e mais  Ateneo Ferrolán organizan unha homenaxe a   que contarán coa participación de  Fernando Ocampo, Helga Méndez, Lorena Calaza, María Manuela, Rosa Méndez Fonte, Xosé Leira e Xurxo Varela. Celebrarase hoxe martes.

24-11-2012

IES de Ponteareas

Data:  Mércores 28 Novembro do 2012
Lugar: Auditorio Reveriano Soutullo
Localidade: Ponterareas
Hora:11:00 horas

O Acto será as 11:00 horas e quere ser unha homenaxe o insigne escritor no centenario do seu nacemento.

CENTROS PARTICIPANTES
 Colexio La Inmaculada
– Colexio Santiago Apóstol
– IES Pedra da Auga
– IES de Ponteareas
– IES Val do Tea

Esta actividade está orgaízada polo Servicizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro, en colaboración con todos-los centros de enseninza secundaria de Ponteareas.                                                  

  Mais o lume que alampea
xamais o verédes morto

 


19-11-2012, Tempo de lecer Ourense

Data: Luns, 19 de novembro de 2012.
Actividade: Presentación do libro Onde o Mundo se chama Celso Emilio Ferreiro.
Lugar: Liceo (Ourense).

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” ofrece por primeira vez o acceso ó epistolario e documentación inédita para coñecer ao poeta celanovés.

 

Aquí está o meu Celso Emilio, o que puiden coñecer a través dos documentos e por as voces que me falaron dél”.
Con estas verbas o escritor e investigador Ramón Nicolas quixo explicar a súa última obra, “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” , editado por Xerais.

 O Salón Nobre do Liceo Recreo Ourensán acolleu este luns, 19 de novembro , a presentación dunha intensa biografía sobre o escritor celanovés, unha obra que levoulle ao seu autor cinco anos de investigación nos documentos públicos, pero tamén “e por vez primeira, o acceso a documentos privados” relacionados co autor de Longa Noite de pedra.

O resultado é unha obra de máis de 600 páxinas nas que o autor destacou o descobremento dun novo Celso Emilio.
Ramón Nicolás destacou que o principal descobremento deste último achegamento a Celso Emilio é “o seu compromiso coa súa tribu, os máis próximos, o clan Ferreiro”, unha característica que sempre queda oculta por outra das facetas do escritor celanovés, que tamén destaca Ramón Nicolás na súa obra: “o seu extraordinario compromiso coa actividade política, xa dende os seus anos de mozo en Celanova”. O autor resaltou que ó longo da traxectoria vital de Celso Emilio sempre destacou a súa vinculación co galeguismo e o “mundo das esquerdas”. O escritor considerou que estes dous eixes da personalidade de Celso Emilio se completan co seu “compromiso intenso coa creación literaria e cos máis desfavorecidos da sociedade”.

O epistolario inédito do escritor

A biografía foi posible, segundo o autor, grazas a o acceso libre ó “epistolario inédito do escritor”, o que tivo acceso grazas á colaboración da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Nestas cartas recibidas polo escritor podense rastrexar as súas preocupacións, tanto persoais, como en materia artística ou política. Para completar estes últimos aspectos, a obra tamén documéntase exhaustivamente nos artigos e colaboracións firmadas por Celso Emilio e que apreceron na prensa galega. Ramón Nicolás tamén destaca que “por primeira vez” daselle voz ós que compartiron vivencias co escritor celanovés. “Tiven a fortuna de entrevistar á memoria vinculada con Celso Emilio. É algo moi valioso poder escoitar as súas vivencias por xentes que as compartiron”. O texto complétase con varios capítulos novelados, nos que o autor considera que “están tan documentados que eu os conto tal e como pasaron, ou penso que moi parecido”.

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro foi presentado por Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia e presidente da Asociación Galega de Editores, quen destacou que a obra de Ramón Nicolás “aborda novidades moi interesantes sobre a figura de Celso Emilio”, algo que calificou coma “sorprendente” tendo en conta que Celso Emilio é un dos autores galegos con máis obra publicada entorno a súa figura. Bragado destacou que “a obra achega novidades” e “clarifica episodios da súa vida” grazas ós “milleiros de documentos consultados ó longo dos cinco anos de criación desta obra e polo acceso á correspondencia do arquivo da Fundación”.

Pola súa banda, Luis Ferreiro, da Fundación Celso Emilio Ferreiro e fillo do autor, calificou este libro como “a biografía canónica e oficial, autorizada pola familia” pola “súa visión total” sobre o protagonista “respaldada por unha enorme documentación e que sólo contén una pequena parte de ficción”. Ferreiro tivo un recordo especial para o Liceo Ourensán, o que recordou “polas visitas que facía cando era neno para visitar ó meu tío, que entón era o director desta casa”.

Un nacionalismo galego moderno e de esquerdas

Xoán Carlos Domínguez Alberte, do Centro de Documentación da Asociación de Escritores en Lengua Galega, aproveitou a súa intervención para resaltardiversos episodios da vida de Celso Emilio, coma a súa aposta pola  construción dun nacionalismo galego moderno e de esquerdas” que levouno a tentar a confluencia entre a unión do Pobo Galego e o Partido Comunista. Domínguez Alberte tamén resaltou a que definiu coma a súa “etapa conflitiva en Caracas” onde a súa oposición a Dictadura non era seguida por moitos dos membros da emigración galega. Nesta liña de oposición ó fascismo foi o terceiro dos casos concretos sinalados por Domínguez Alberte na obra de Ramón Nicolás, a súa”chamada ós mozos no ano 1934 a tomar partido e combater en contra do fascismo”.
Nesta liña enmarcouse un párrafo lido por Dominguez Alberte ó peche da súa presentación, extraído dun artigo titulado A Pantasma do ano 1934: “Os mozos temos que declararlle a guerra a todos os fascismos, non se pode ser transixente con quen predica a intransixencia, nin negociar con quien odia a libertade, non se pode ser demócrata con quen quere destruir a democracia”. Domínguez Alberte considera que o libro de Ramón Nicolás sirve para “dar a coñecer a actualidade da mensaxe de Celso Emilio e dar a coñecer as múltiples facetas dunha figura insobornable polo poder”.

A presentación contou coa presenza do conselleiro de Cultura en funcións da Xunta de Galicia, Jesús Vázquez; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez e a cantante María do Ceo, quen ofreceu un concerto con letras de Celso Emilio Ferreiro para finalizar.

 

 

18-11-2012

<<Deitado frente o mar>>

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) desexamos renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra,símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de
Galicia

.RecitandoCelsoemiliO

1. A quen se dirixe?

En primeiro lugar, a todos os centros educativos da comunidade educativa galega, en todos os niveis de ensino non universitario, desde Educación Infantil ata Bacharelato.
Tamén poden sumarse a esta iniciativa asociacións de nais e pais, clubs de lectura,bibliotecas escolares e municipais, asociacións veciñais… e calquera persoa ou entidade interesada en participar nun acto festivo en torno á figura de Celso Emilio Ferreiro.

2. En que consiste?

A actividade consta de dúas accións simultáneas e complementarias:
Un acto colectivo de recitado público do poema Deitado fronte ao mar de Celso Emilio Ferreiro, publicado inicialmente no libro Longa noite de pedra (1962).

Un envío masivo a través das redes sociais do lema recitandocelsoemilio, acompañado do texto do poema Deitado fronte ao mar.

3. Cal é o lema da convocatoria?

O lema común vai ser recitandocelsoemilio; durante o tempo de celebración da actividade de recitado este lema debe figurar en lugar ben visible encabezando o acto, mediante o soporte físico que se estime máis oportuno.

4. Cando se celebra?

Moi doado: o mércores día 12 de decembro de 2012, ás 12.00 horas; a celebración do recitado deberá axustarse en todos os centros de ensino á data e hora oficial desta convocatoria, así como a difusión do lema central a través da rede.

5. Onde se celebra?

Dentro dos centros educativos, recoméndase a celebración conxunta de toda a comunidade escolar en espazos como salóns de actos, bibliotecas, patios de recreo, instalacións deportivas… Se existise colaboración de entidades como concellos, asociacións culturais ou de veciños, recoméndase que o recitado colectivo se celebre en lugares públicos fóra do centro que poidan ter un valor simbólico para a comunidade.

6. Como se participa?

Todos os centros educativos ou entidades colaboradoras que desexen participar en recitandocelsoemilio deberán enviar un correo electrónico de confirmación á CGENDL, indicando nome do centro, persoa oordinadora da actividade e número previsto de participantes. O prazo límite de inscrición remata o luns 10 de d ecembro.Unha vez celebrado o acto, deberá ser acreditado ante a CGENDL mediante rexistro fotográfico ou audiovisual do mesmo; as imaxes ou gravacións que dean conta do recitado serán enviadas á páxina web da CGENDL, especificando datos concretos do centro educativo e do número de persoas participantes no mesmo.

7. Cal é o seu obxectivo?

O obxectivo central é manter viva a memoria dun dos grandes poetas galegos do século XX a través da posta en valor dun dos seus poemas máis emblemáticos; así mesmo, desexamos manifestar, dun modo lúdico e masivo, o noso compromiso cívico cara á lingua galega, porque si, porque nos peta. 

8. Quen a coordina?

O equipo de normalización e dinamización lingüística de cada centro educativo; por defecto, calquera membro do equipo directivo ou do claustro dun centro que asuma o cumprimento correcto da actividade, baixo as condicións especificadas nos puntos anteriores.

9. Como se pode enriquecer esta actividade?

Aínda que o acto central de recitandocelsoemilio consiste na acción de recitado físico prevista para o día 12 do mes 12 do ano 2012, durante as semanas previas á actividade cada centro educativo ten a potestade de enriquecer e contextualizar o acto con aqueles recursos didácticos e lúdicos que estime máis oportunos. Suxerimos accións como:
elaboracións de temas musicais a partir do texto do poema, elaboración de murais, collages e pancartas xigantes, gravación e difusión de vídeos inspirados na temática do poema, utilización de espazos virtuais para difundir a obra de Celso Emilio Ferreiro e calquera outra acción de carácter creativo que contribúa a  incrementar a participación en recitandocelsoemilio, ben no propio centro, ben no contorno escolar.

10. En definitiva...

Se tedes interese en vos sumar a esta iniciativa, promovida pola CGENDL, agradecemos que vos apuntedes o antes posible e que a difundades por todos os medios ao voso alcance, para que esta información chegue axiña a todos os claustros escolares, asociacións de nais e pais, bibliotecas e clubs de lectura de Galicia.

A que estades esperando?

Unídevos xa a RecitandoCelsoemiliO!

COA VOSA AXUDA PODEMOS CELEBRAR UNHA GRAN FESTA COLECTIVA!

Nota:

A CGENDL desexa facer público o seu máis fondo agradecemento @s profesor@s Luz Beloso e Seso Durán (AudioVisual As Barxas), así como ao alumnado do IES As Barxas, pola seu entusiasmo e xenerosidade para con nós, pois grazas ao seu traballo e esforzo contamos cun magnífico vídeo de presentación da actividade. Beizóns!

Coordinadora Galega e ENDL – correo@coordinadoraendl.org

15-11-2012

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria leva ao IES Aquis Celenis de Caldas de Reis unha exposición interactiva sobre a vida e obra de Celso Emilio Ferreiro. A mostra, que estará neste centro educativo ata o vindeiro 21 de novembro, enmárcase dentro das actividades programadas pola Xunta de Galicia para conmemorar o Ano Celso Emilio Ferreiro, declarado polo Parlamento de Galicia con motivo do centenario do nacemento do poeta.

Grazas a esta mostra, os estudantes poderán achegarse ao poeta de Celanova a través dun formato interactivo e novidoso que inclúe imaxes, poemas musicados, audiovisuais, xogos interactivos e mesmo gravacións sonoras co recitado de Celso Emilio Ferreiro. Ademais, xunto coa instalación multimedia, tamén se exhiben algúns dos seus obxectos persoais, entre os que se inclúen unhas lentes, a súa máquina de escribir e unha cámara fotográfica.

Esta mostra interactiva, que está percorrendo centros educativos das catro provincias galegas, visitará proximamente o IES Xesús Taboada Chivite, de Verín; o IES Lauro Olmo, do Barco de Valdeorras; e o IES de Celanova, vila natal do autor, na que se clausurará esta exposición no mes de decembro.

Moitos destes contidos están accesibles tamén vía web na páxina oficial do escritor,ttp://celsoemilioferreiro.org/, que puxeron en marcha este ano a Xunta de Galicia e a Fundación Celso Emilio Ferreiro.
Un enfoque interactivo e lúdico para achegarse a Celso Emilio No seu obxectivo de achegar a obra de Celso Emilio Ferreiro a toda a cidadanía, a Secretaría Xeral de Cultural tamén promoveu a realización de dúas unidades didácticas interactivas sobre o poeta adaptadas aos niveis de primaria e secundaria. As novas unidades didácticas están dispoñibles no espazo Abalar da Consellería de Cultura e Educación, en http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazos/recursos. Ambas as dúas, cunha mesma estrutura e metodoloxía, repasan a vida e obra do poeta celanovés a través de seis etapas vitais diferentes, con textos descritivos e propostas de actividades lúdicas interactivas que os introducen tamén na súa creación poética.

A superación dos diferentes retos en forma de dameiros, chuvias de palabras e cuestionarios permítenlle ao alumno ir sumando puntuación como elemento de motivación para superar novas probas. No desenvolvemento destas actividades os participantes acceden a fotografías do autor, os seus textos orixinais e mesmo á voz de Celso Emilio recitando os poemas da súa autoría.