La Academia Galega ‘recibe’ a Celso Emilio en 1.400 voces

20/09/2012 – El Progreso (Lugo)
El presidente de Radio Lugo-Cadena Ser, Julio Beberide, le entregó este jueves a la Real Academia Galega un CD con las voces de los participantes en la iniciativa ‘O son da nosa fala. Mil voces para Celso Emilio’.

El presidente de la RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, calificó de “única” esta iniciativa, que está realizando Radio Lugo-Cadena Ser. La propuesta, formulada por Paco Nieto y Tania Lombao, comenzó con la intención de que mil personas, públicas y particulares, leyeran un poema de Celso Emilio Ferreiro con motivo del centenario de su nacimiento. A estas alturas del año son 1.400 los participantes en la campaña, que se va emitiendo todos los días a través de la Ser local.

Las grabaciones fueron recogidas en un CD gracias a un acuerdo de Radio Lugo, la RAG, el Ayuntamiento y la Diputación. Fue en la sede de esta última donde tuvo lugar este jueves la entrega del CD. En el acto estuvieron presentes, además de los citados, Luis Ferreiro, hijo del homenajeado; José Ramón Gómez Besteiro, presidente de la Diputación, y Antón Bao, teniente de alcalde de Lugo.

Listen to

Listen to

Sep212012

La Academia Galega ‘recibe’ a Celso Emilio en 1.400 voces

20/09/2012 – El Progreso (Lugo) El presidente de Radio Lugo-Cadena Ser, Julio Beberide, le entregó este jueves a la Real Academia Galega un CD con las voces de los participantes en la iniciativa ‘O son da nosa fala. Mil voces para Celso Emilio’. El presidente de la RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, calificó de “única” esta iniciativa, que está realizando Radio Lugo-Cadena Ser. La propuesta, formulada por Paco Nieto y Tania Lombao, comenzó con la intención de que mil personas, públicas y particulares, leyeran un poema de Celso Emilio Ferreiro con motivo del centenario de su nacimiento. A estas alturas [...]
Leer máis
Sep212012

Pezas para armar a vida de Celso Emilio Ferreiro

El Pais,Daniel Salgado 20-09-2012 Para armar o relato dunha vida precísanse moitas pezas. No caso dun poeta que foi mozo e galeguista furibundo na II República, que atravesou a Guerra Civil vestido de nacional, que se recuperou na escuridade da posguerra a través da actividade cultural, que practicamente se exiliou a Venezuela, que militou en tres partidos da esquerda antifranquista clandestina e logo no PSOE, o crebacabezas adénsase. “Ordenar todo este material, darlle forma e intentar que fose lexíbel foi a maior dificultade”. Quen fala é Ramón Nicolás (Vigo, 1966), profesor e crítico en La Voz [...]
Leer máis
Sep142012

Entrevista con Ramón Nicolás no Faro da Cultura (Faro de Vigo): «O epistolario de Celso Emilio é un auténtico tesouro»

Entrevista realizada por Lourdes Varela e publicada o 13 de setembro de 2012 nas páxinas do suplemento literario “Faro da Cultura”, do Faro de Vigo. A saída do prelo de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (Edicións Xerais) é acaso un dos acontecementos do centenario do poeta, que se conmemora neste 2012. Ninguén máis axeitado para realizar esta “biografía monumental” do de Celanova que Ramón Nicolás, a rastrexar na vida e obra do biografado dende hai anos, tal e como se vira xa reflectido noutros, seus, volumes anteriores. —Cando, como é o seu caso, se dedican tantas e tantas horas, meses [...]

El Pais,Daniel Salgado 20-09-2012

Para armar o relato dunha vida precísanse moitas pezas. No caso dun poeta que foi mozo e galeguista furibundo na II República, que atravesou a Guerra Civil vestido de nacional, que se recuperou na escuridade da posguerra a través da actividade cultural, que practicamente se exiliou a Venezuela, que militou en tres partidos da esquerda antifranquista clandestina e logo no PSOE, o crebacabezas adénsase. “Ordenar todo este material, darlle forma e intentar que fose lexíbel foi a maior dificultade”. Quen fala é Ramón Nicolás (Vigo, 1966), profesor e crítico en La Voz de Galicia, que vén de lle dedicar máis de 600 páxinas ao autor de Longa noite de pedra: Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (Xerais, 2012).
Construído sobre o frondoso epistolario do escritor e cun abundante fondo de entrevistas con familiares, colegas e amigos, o libro de Nicolás é a primeira non ficción que aspira á totalidade de Celso Emilio. Polo menos, dende o Estudio de Xesús Alonso Montero, datado en 1982 tres anos logo da morte do poeta e editado por Júcar. Aínda que o autor enténdeo doutro xeito: “Esta biografía é, para min e para outros estudiosos, como un punto e seguido para continuar avanzando, porque hai zonas de sombra que intentei iluminar e non dei. Non é doado”. Entre elas, a cercanía ou non de Ferreiro con círculos falanxistas de Pontevedra nos primeiros anos corenta ou os poemas compostos con uniforme de soldado entre 1936 e 1939.
Pero, en troques, o foco de Onde o mundo se chama Celso Emilio axuda a dotar de nitidez outras peripecias borrosas. “Sorprendeume o que ten a ver coa actividade política no tempo da República”, expón, “e descubrín que ocupou un papel clave no nacionalismo xuvenil de preguerra”. Emilio Ferreiro Miguez, como asinaba no Adiante Semanario que confeccionaban as Mocedade Galeguistas da súa Celanova natal, incendiaba con retórica arredista os mítines: “A mocedade de Galiza non debe acharse ausente na loita civil que se cerne na Hespaña. A Federación de Mocedades Galeguistas debe conseguir a cristalización dos seus ideaes, dentro ou fora da lei”. Achegado despois ao Partido Comunista, fundador en 1964 da Unión do Povo Galego, integrante do Partido Socialista Galego na Transición e candidato a senador polo PSOE pouco antes de morrer, poucas veces foi quen de ficar alleo á política militante.
Que Celso Emilio andaba entre os pioneiros da recuperación do activismo cultural previa a Galaxia, tamén se sabía. O que achega a obra de Nicolás é a súa sistematización: as revistas Finisterre e Ciudad, por caso, os libros en castelán Al aire de tuvuelo e Baladas, cantigas y donaires ou a colección Benito Soto aparecen explicadas polo miúdo. Igual que inscrito nunha narración coherente e demorada se amosa a convulsa pero produtiva andaina venezolano. “O periplo de Celso en Caracas”, aseguraba o seu amigo, e poeta, Alexandre Cribeiro en 1989, “foi tan tremendo e anguriante que penso que alí comezou a morrer, de maneira que cando no 1973 regresou non estaba aínda recuperado”. Cando aportou, coa dona e os fillos, en Vigo, o recibimento deulle a medida do clima do país. A policía de alfándegas sospeitou dun libro que portaba na maleta —La verdadera historia de la muerte de Franco, de Max Aub— e abríronlle expediente no Tribunal de Orde Pública. Quedou en nada pola man dun xuíz amigo.
Cartas,testemuños directos de quen o coñeceu en vida, entrevistas, documentación de arquivos oficiais, traballo de hemeroteca, bibliografía, galería de imaxes ou materiais facilitados pola familia conflúen en Onde o mundo se chama Celso Emilio. Afastada da teoría literaria e da esexese textual, a obra si atende, porén, á controversia que, no exiguo campo literario da Galicia dos cincuenta e dos sesenta, causou a aposta poética de Ferreiro. A correspondencia cruzada entre Basilio Losada, tradutor de Longa noite para a vendidísima edición da colección El Bardo, e Ramón Piñeiro —dispoñíbel en edición de Galaxia— ofrece un pé sobre o que ler a ambigua recepción dunha poesía abertamente política, que introduce palabras e materias inauditas na altura na literatura galega, e que deixou pegada como poucas outras nos poetas que viñeron logo. Se anticipa, mellora ou é simplemente un epígono da poesía social formaaba parte daquel debate.
“A Celso Emilio recoñéceselle o valor de clásico; niso, a posteridade foi xusta”, considera o biógrafo, “pero talvez falta ir máis alá de cuestións ideolóxicas”. Nun diagnóstico apurado, Nicolás avisa dos Ferreiros menos transitados e reclama atención para o narrador —“Os relatos d’A fronteira infinda forman un libro moi interesante”—, o xornalista de opinión que vive soterrado nas hemerotecas ou o divulgador da cultura galega “cando podía e como podía, e tamén cando non podía”. E iso malia que, explica, o escritor revitalizouse criticamente despois de atravesar certo deserto cando a dialéctica literaria, nos oitenta, o considerou a antítese do que debía facerse.
Onde o mundo se chama Celso Emilio emerxe dunha década de asexos e dous anos de labor intensivo. “Cousas da providencia laica”, chacotea o autor, “e de que me convenceron Luís Ferreiro [fillo do poeta] e do editor Bragado”. E irrompe nunha paisaxe, ao seu ver, “moi necesitada de biografías”. Ben pola dedicación que precisan, ben polo imán que supón o Día das Letras Galega, o xénero non despega. “A min servíronme moito cousas como as de Marcos Calveiro ou Iago Martínez sobre Lois Pereiro e a de Murguía de Barreiro é moi interesante”, conclúe, “mais ¿para cando biografía de Rosalía, Curros ou Pondal?”.

Sep212012

La Academia Galega ‘recibe’ a Celso Emilio en 1.400 voces

20/09/2012 – El Progreso (Lugo) El presidente de Radio Lugo-Cadena Ser, Julio Beberide, le entregó este jueves a la Real Academia Galega un CD con las voces de los participantes en la iniciativa ‘O son da nosa fala. Mil voces para Celso Emilio’. El presidente de la RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, calificó de “única” esta iniciativa, que está realizando Radio Lugo-Cadena Ser. La propuesta, formulada por Paco Nieto y Tania Lombao, comenzó con la intención de que mil personas, públicas y particulares, leyeran un poema de Celso Emilio Ferreiro con motivo del centenario de su nacimiento. A estas alturas [...]
Leer máis
Sep212012

Pezas para armar a vida de Celso Emilio Ferreiro

El Pais,Daniel Salgado 20-09-2012 Para armar o relato dunha vida precísanse moitas pezas. No caso dun poeta que foi mozo e galeguista furibundo na II República, que atravesou a Guerra Civil vestido de nacional, que se recuperou na escuridade da posguerra a través da actividade cultural, que practicamente se exiliou a Venezuela, que militou en tres partidos da esquerda antifranquista clandestina e logo no PSOE, o crebacabezas adénsase. “Ordenar todo este material, darlle forma e intentar que fose lexíbel foi a maior dificultade”. Quen fala é Ramón Nicolás (Vigo, 1966), profesor e crítico en La Voz [...]
Leer máis
Sep142012

Entrevista con Ramón Nicolás no Faro da Cultura (Faro de Vigo): «O epistolario de Celso Emilio é un auténtico tesouro»

Entrevista realizada por Lourdes Varela e publicada o 13 de setembro de 2012 nas páxinas do suplemento literario “Faro da Cultura”, do Faro de Vigo. A saída do prelo de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (Edicións Xerais) é acaso un dos acontecementos do centenario do poeta, que se conmemora neste 2012. Ninguén máis axeitado para realizar esta “biografía monumental” do de Celanova que Ramón Nicolás, a rastrexar na vida e obra do biografado dende hai anos, tal e como se vira xa reflectido noutros, seus, volumes anteriores. —Cando, como é o seu caso, se dedican tantas e tantas horas, meses [...]
Leer máis

Presentación de “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”

19-09-2012
O día 28 de Setembro,ás 20 horas. Contará coa presenza de Luís Ferreiro, Isabel Ferreiro, Manuel Bragado e Ramón Nicolás. Ao remate, intervirán Labregos do tempo dos Sputniks con poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro.

Ver no mapa

JT PHOTOGALLERY
rúa Abeleira Menéndez, 13
Vigo

Sep212012

La Academia Galega ‘recibe’ a Celso Emilio en 1.400 voces

20/09/2012 – El Progreso (Lugo) El presidente de Radio Lugo-Cadena Ser, Julio Beberide, le entregó este jueves a la Real Academia Galega un CD con las voces de los participantes en la iniciativa ‘O son da nosa fala. Mil voces para Celso Emilio’. El presidente de la RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, calificó de “única” esta iniciativa, que está realizando Radio Lugo-Cadena Ser. La propuesta, formulada por Paco Nieto y Tania Lombao, comenzó con la intención de que mil personas, públicas y particulares, leyeran un poema de Celso Emilio Ferreiro con motivo del centenario de su nacimiento. A estas alturas [...]
Leer máis
Sep212012

Pezas para armar a vida de Celso Emilio Ferreiro

El Pais,Daniel Salgado 20-09-2012 Para armar o relato dunha vida precísanse moitas pezas. No caso dun poeta que foi mozo e galeguista furibundo na II República, que atravesou a Guerra Civil vestido de nacional, que se recuperou na escuridade da posguerra a través da actividade cultural, que practicamente se exiliou a Venezuela, que militou en tres partidos da esquerda antifranquista clandestina e logo no PSOE, o crebacabezas adénsase. “Ordenar todo este material, darlle forma e intentar que fose lexíbel foi a maior dificultade”. Quen fala é Ramón Nicolás (Vigo, 1966), profesor e crítico en La Voz [...]
Leer máis
Sep142012

Entrevista con Ramón Nicolás no Faro da Cultura (Faro de Vigo): «O epistolario de Celso Emilio é un auténtico tesouro»

Entrevista realizada por Lourdes Varela e publicada o 13 de setembro de 2012 nas páxinas do suplemento literario “Faro da Cultura”, do Faro de Vigo. A saída do prelo de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (Edicións Xerais) é acaso un dos acontecementos do centenario do poeta, que se conmemora neste 2012. Ninguén máis axeitado para realizar esta “biografía monumental” do de Celanova que Ramón Nicolás, a rastrexar na vida e obra do biografado dende hai anos, tal e como se vira xa reflectido noutros, seus, volumes anteriores. —Cando, como é o seu caso, se dedican tantas e tantas horas, meses [...]
Leer máis

Lecturas críticas sobre «Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro»

Caderno da Crítica 18-09-2012

O crítico literario Xosé Manuel Eyré deixou no seu blogue,ferradura en tránsito, dous apuntamentos nos que dá conta das súas primeiras impresións sobre Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro. Pódense consultar premendo aquí.

Sep212012

La Academia Galega ‘recibe’ a Celso Emilio en 1.400 voces

20/09/2012 – El Progreso (Lugo) El presidente de Radio Lugo-Cadena Ser, Julio Beberide, le entregó este jueves a la Real Academia Galega un CD con las voces de los participantes en la iniciativa ‘O son da nosa fala. Mil voces para Celso Emilio’. El presidente de la RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, calificó de “única” esta iniciativa, que está realizando Radio Lugo-Cadena Ser. La propuesta, formulada por Paco Nieto y Tania Lombao, comenzó con la intención de que mil personas, públicas y particulares, leyeran un poema de Celso Emilio Ferreiro con motivo del centenario de su nacimiento. A estas alturas [...]
Leer máis
Sep212012

Pezas para armar a vida de Celso Emilio Ferreiro

El Pais,Daniel Salgado 20-09-2012 Para armar o relato dunha vida precísanse moitas pezas. No caso dun poeta que foi mozo e galeguista furibundo na II República, que atravesou a Guerra Civil vestido de nacional, que se recuperou na escuridade da posguerra a través da actividade cultural, que practicamente se exiliou a Venezuela, que militou en tres partidos da esquerda antifranquista clandestina e logo no PSOE, o crebacabezas adénsase. “Ordenar todo este material, darlle forma e intentar que fose lexíbel foi a maior dificultade”. Quen fala é Ramón Nicolás (Vigo, 1966), profesor e crítico en La Voz [...]
Leer máis
Sep142012

Entrevista con Ramón Nicolás no Faro da Cultura (Faro de Vigo): «O epistolario de Celso Emilio é un auténtico tesouro»

Entrevista realizada por Lourdes Varela e publicada o 13 de setembro de 2012 nas páxinas do suplemento literario “Faro da Cultura”, do Faro de Vigo. A saída do prelo de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (Edicións Xerais) é acaso un dos acontecementos do centenario do poeta, que se conmemora neste 2012. Ninguén máis axeitado para realizar esta “biografía monumental” do de Celanova que Ramón Nicolás, a rastrexar na vida e obra do biografado dende hai anos, tal e como se vira xa reflectido noutros, seus, volumes anteriores. —Cando, como é o seu caso, se dedican tantas e tantas horas, meses [...]
Leer máis

Entrevista con Ramón Nicolás no Faro da Cultura (Faro de Vigo): «O epistolario de Celso Emilio é un auténtico tesouro»

Entrevista realizada por Lourdes Varela e publicada o 13 de setembro de 2012 nas páxinas do suplemento literario “Faro da Cultura”, do Faro de Vigo.

A saída do prelo de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro (Edicións Xerais) é acaso un dos acontecementos do centenario do poeta, que se conmemora neste 2012. Ninguén máis axeitado para realizar esta “biografía monumental” do de Celanova que Ramón Nicolás, a rastrexar na vida e obra do biografado dende hai anos, tal e como se vira xa reflectido noutros, seus, volumes anteriores.

—Cando, como é o seu caso, se dedican tantas e tantas horas, meses e anos ao estudo dun personaxe determinado, non se corre o risco de obsesionarse con el e acabar por perder a perspectiva? Cal foi a súa “táctica” para manter a obxectividade no momento de abordar a figura de Celso Emilio Ferreiro?

—No meu caso, ese risco si cobrou forma, pois non podería dicir que non acabase obsesionado: sobre todo no seu proceso de confección técnica, talvez non tanto co biografado, senón coa conxuntura de darlle forma a unha enorme cantidade de información. Mesmo creo que, nalgunha medida,era algo natural. Eu partía do interese pola obra, pero a vida de C.E.F. era algo descoñecido para min, dado que nunca o tratei.“Vivir”o personaxe desde tan preto proxectaba algúns riscos que tentei solventar: por un lado, apoiándom no multiperspectivismo –isto é, cederlle espazo ás outras voces que me falaron de Celso Emilio, “escoitando” o que dicían, interpretando posteriormente os centos de documentos conservados, moitos deles inéditos,que se puxeron ao meu dispor desde a Fundación que leva o seu nome, para alén doutros textos que proviñan de colleita propia– e, doutra banda, procurei evitar tamén un ton que puidese resultar monocorde para os lectores. Vistas as dimensións que ía cobrando o traballo, tomei a licenza de construír máis literariamente algún capítulo; sempre, iso si, desde a instancia de ser máis ou menos fiel ao que foron algúns acontecementos na vida de Celso Emilio.

—Coincide Vde. con quen opina que a altura acadada polo Celso Emilio poeta veu perxudidar a estima por esoutro Celso Emilo narrador?

—As cousas son como son no que se refire ás imaxes que van proxectando os focos de interese dun autor ou autora e que logo quedan; isto é, as razóns que explican a súa canonización literaria, e aínda máis no caso dunha das figuras senlleiras da literatura galega do século XX como é o caso que el representa.A súa inclinación pola expresión poética é algo patente desde moi mozo e isto acompañouno até a morte.C.E.F. escribiu poesía sempre: en Celanova,en Asturias ao longo da guerra, en Pontevedra,Vigo, Caracas ou Madrid, arreo. Outra cousa é a relevancia e a celebridade que adquiriu a través do éxito que colleitou Longa noite de pedra e, máis tarde, Viaxe ao país dos ananos ou Onde o mundo se chama Celanova. A súa figura entrou no ámbito do mito, catapultouse a ese olimpo acadado por moi pouca xente,como é o conformado por poetas que reciben o nome de “populares” –antes del, Rosalía, Curros, Cabanillas e poucos máis- e no seu caso impulsado, sen querelo nin pretendelo, por ”Voces Ceibes” e outros cantautores. Era inevitable que as súas achegas noutros xéneros –como no da narrativa- ficasen un tanto ocultas ou difuminadas, cousa que estamos sempre a tempo de emendar asomándonos ao resto do seu legado.

—Os xornais foron un medio onde Celso Emilio Ferreiro publicou moito. Existe, entón, un Celso Emilio xornalista ou quedámonos simplemente coa existencia dun Celso Emilio-escritor que (tamén) publicaba nos xornais?

—A vida de Celso Emilio Ferreiro estivo intimamente relacionada cos xornais, coa tinta e mais a letra impresa. Entendía a súa participación neles como algo natural, que formaba parte de estar no seu tempo e de poder así compartir o que escribía ou pensaba, cando se podía. Na miña biografía rastrexo, creo que amplamente, o seu paso polas numerosas cabeceiras nas que colaborou ao longo da vida, e onde resulta significativa a súa presenza no propio FARO DE VIGO. Celso Emilio exerceu sempre un xornalismo que estaba dacabalo entre a columna de opinión, o articulismo literario e,nalgunhas ocasións, a crónica de viaxes ou os textos de doutrina política. Mais, sen dúbida, fóra do labor de dirección que exerceu no semanario Adiante, e que durou só un número, no boletín Irmandade da Hermandad Gallega, por un breve período de tempo ou mesmo nalgún número do voceiro da UPG –o Terra e tempo clandestino–,o certo é que C.E.F. sempre foi un colaborador externo, un escritor que –tamén– publicaba nos xornais…, e que non o facía mal.

—A traxectoria política de Celso Emilio, que pasou de fundar a UPG a afiliarse ao PSOE, conforma unha deriva coherente ou estivo moi influída por certos desencantos padecidos?

—Na biografía non se ocultan as polémicas que C.E.F. protagonizou ao longo da súa vida. Dentro delas, é inevitable, nunha persoa da súa traxectoria e relevancia, facer referencia á traxectoria política, algo que devén clave para entendelo na integridade.Ao meu ver, a súa foi unha traxectoria intachable respecto do compromiso co país e coa lingua, trazando un percorrido fiel ás ideas do galeguismo e da esquerda.

—O seu libro contén un apartado dedicado ao epistolario de Celso Emilio. Quixera que me falase desa parte da “obra” de C.E.F. e tamén de se atopou Vde. algunha carta, ou cartas, que o sorprendesen ou que lle chamasen especialmente a atención.

—Unha das miñas sorpresas ao asomarme á traxectoria vital de Celso Emilio, foi precisamente acceder ao epistolario conservado: fundamentalmente, o “recibido”, pois C.E.F. . non adoitaba facer copia das cartas que enviaba. Este material que, para min, é un tesouro, foi clave para descubrir ángulos da súa vida persoal e literaria que, iso coido, deica hoxe non foran tratados e que mesmo poden axudar a reformular certos lugares comúns arredor de moitos asuntos de corte persoal, político ou literario da posguerra. No aspecto persoal, hai cartas, por exemplo, de Joaquín Marta Sosa ou Xosé María Álvarez Blázquez que son estremecedoras; outras con Luís González Blasco “For”ou Carlos Díaz son fundamentais para coñecer o seu paso pola UPG; as que susbscriben Alonso Montero, Méndez Ferrín, Manuel María, Neira Vilas ou Basilio Losada… claves para entender a xestión ou recepción da súa obra literaria.

Hai quen aínda non o cre, pero Celso Emilio e Camilo José Cela foron moi amigos. Como se explica esa amizade se el sabía perfectamente das actividades máis escuras de Cela (censor e chivato, segundo algúns)?

—A amizade entre Cela e Celso Emilio é perfectamente constatable no seu epistolario. Eu limítome a expoñela, pois faltaría á verdade no caso de non facelo público. Quen se asome a ela, advertirá que a relación amigable nace nos anos cincuenta, en Pontevedra, desde as instancias da literatura e a paisanaxe, e vai asentando logo no ámbitos do persoal. Neste, e noutros temas,intentei moverme con prudencia: constato, como é natural, o universo das xentes que o trataron, reflicto as amizades, mais tamén as inimizades; despois corresponderalle ao lector ou á lectora xulgar.

—Logo deste libro, haberá algo máis que dicir (ou que escribir) sobre C.E.F.?

—Creo que moito máis. Ficaron fóra dous longos capítulos, por decisión persoal, pois parecíanme demasiado especializados e, nalgunha medida, prescindibles xa que atinxían, un, o que ocorreu coa figura de C.E.F. desde 1979 deica 1989, cando se lle dedica o Día das Letras, e, o outro, desde aquela data até hoxe. Na biografía deito, nun extenso corpo de notas, información suficiente para afondar ou desenvolver no futuro diversos asuntos como o xornalismo,a súa doutrina política, os seus inéditos, etc. É imposible compendiar todo Celso Emilio, nin sequera nun libro voluminoso coma o meu. Este é tan só un paso máis para ilo coñecendo.