¿Xigantes ou ananos? Celso Emilio Ferreiro e o debate sobre a emigración galega

May 8, 2012 editor de CEF novas

Data: Xoves 24 de Maio 2012
Lugar: Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2º Andar
Santiago de Compostela

Esta xornada, organizada co gallo da conmemoración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), ten como obxecto debater a actualidade das propostas críticas verbo do papel histórico e presente da emigración galega. Para iso reavaliarase, dende unha perspectiva actualizada, a discusión que provocara a aceda crítica ás colectividades de emigrantes galegos en Venezuela que contiña Viaxe ao país dos Ananos, e tentarase tracexar cales poderían ser os paralelismos e as leccións desa discusión no presente, despois de que nos últimos anos a cuestión da reforma do dereito a voto dos ausentes estivese na axenda política e volva estar de novo con vistas a unha segunda reforma.
No decurso da xornada abordarase a biografía político-intelectual de Celso Emilio Ferreiro denantes e despois da súa emigración a Venezuela; o contexto e os trazos principais da inmigración galega e da colectividade galega en Venezuela entre as décadas de 1940 e 1970; e mais a discusión transnacional, na propia galicia e nas comunidades de emigrantes de américa e Europa, que foi provocada polas acusacións de Celso Emilio,o que tamén se vencellaba coas propias ideas do poeta arredor do feito migratorio.Concluirase cunha mesa redonda en que se reflexionará sobre a actualidade ou non das propostas do celanovés e dos seus críticos, e tentarase un posíbel balanzo da relevancia que a emigración e mais as comunidades de emigrantes desempeñaron na historia e no presente de Galicia.

P r o g r a m a

10:00 h. Inauguración

10:15 h. Celso Emilio Ferreiro: unha biografía político-intelectual
               Ramón NIcolás

11:15 h. A inmigración galega en Venezuela en tempos de Celso Emilio
               Raúl Soutelo Vázquez

12:15 h. Pausa

12:45 h. Revisando os ananos: a interpretación da emigración galega en Celso Emilio Ferreiro
               Xosé M. Núñez Seixas

17:00 h. Ananos ou xigantes? A actualidade do debate sobre a emigración, 40 anos despois
               Presenta e modera: Ramón Villares              

               Xosé NeIra VIlas
               Román Rodríguez González
               Anxo Lugilde
               María Xosé Porteiro

 

 

Artigos relacionados


Celso Emilio no Ateneo de Madrid
Celso Emilio, canción “Un soño” na voz de Suso Vaamonde
Celso Emilio, poema “Alma da Terra” na Antártida