Celso Emilio, poema “Alma da Terra” na Antártida


13-03-2018

O poema “ALMA da TERRA” do libro Onde o mundo se chama Celanova está presente na Base Militar Gabriel de Castilla na Antártida en Isla Decepción.
El poema “ALMA de la TIERRA” del libro Donde el mundo se llama Celanova está presente en la  Base Militar Gabriel de Castilla de la Antártida en Isla Decepción.

 

20180114_182057

 

IMG-20180217-WA0037.1

Alma da terra
Lonxana Celanova vinculeira,
torre ebúrnea da miña mocedade,
cando te lembro sai da súa toqueira
coma un furón de soños, a saudade.

Unha chuvia monótona e tristeira
cai decote na miña intimidade,
e sinto que unha sombra silandeira,
coma un solpor o meu esprito invade.

Quero voltar a ti, nai garimosa,
colo natal, arxila rumorosa,
pra acalar esta anguria que me berra

dende o fondo da noite estrelecida,
pedindo amor, pregando fe de vida
pra ser eternamente alma da terra.

Caracas 1971

Alma de la tierra
Lejana Celanova mayorazga,
torre ebúrnea de mi juventud,
cuando te recuerdo sale de su madriguera,
como un hurón de sueños, la saudade.

Unha lluvia monótona y tristona
cae sin cesar sobre mi intimidad,
y siento que una sombra silenciosa,
coma un atardecer mi espíritu invade.

Quiero volver a ti, madre cariñosa,
regazo natal, arcilla rumorosa,
para acallar esta angustia que me grita

desde lo hondo de la noche rutilante,
pidiendo amor, rogando fe de vida
para ser eternamente alma de la tierra.

Caracas 1971


Artigos relacionados


Celso Emilio Ferreiro guionista
Charla-concerto sobre Celso Emilio Ferreiro, na “Casa del Pueblo de Cuñas”
Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, no IES Valadares (Vigo)