Celso Emilio, “Cantiga do desterrado” interpretada por Xulio Formoso


13-11-2018

In Memoriam de Xulio Formoso, Amigo, que levou a poesía de Celso Emilio coa súa música fora das nosas Fronteiras.

 

Disco: Galicia Canta
Música: Xulio Formoso
Canta: Xulio Formoso
Edita: POVOBOX (Celso Emilio Ferreiro), Caracas 1970
Disco: Galicia Canta
Música: Xulio Formoso
Canta: Xulio Formoso
Edita: POVOBOX (Celso Emilio Ferreiro), Caracas 1970

Portada Galicia Canta

 

 

Cantiga do desterrado
Por a longa lonxanía
vou camiñando sin presa.
Na escura noite está acesa
unha luz que anuncia o día.

Aquelo que eu ben quería,
libertá, nunca voltou.
Cuberto de noite vou
pola longa lonxanía.

O vento lurpio non cesa
de oubear sobre o meu pobo.
Como non lle temo o lobo
vou camiñando sin presa.

Vida errante, noite espesa,
negrura embaixo i enriba.
Mais a miña espranza altiva
na noite escura está acesa.

Aquelo que prefería,
libertá, cánto me tarda.
Mais a miña arela agarda
unha luz que anuncia o día.

Poemas soltos (1932-1978)

Cantiga del desterrado
Por la larga lejanía
voy caminando sin prisa.
la noche oscura divisa
una luz que anúncia el dia.

Aquello que yo bien quería,
libertad, nunca volvió.
Cubierto de noche voy
por la larga lejanía.

El viento voraz no cesa
de bramar sobre mí pueblo.
Como voy pisando el suelo
voy caminando sin prisa.

Vida errante, noche espesa,
negrura abajo y arriba.
Pero mi esperanza altiva
en la noche oscura está presa..

Aquello que yo prefería,
liberación, cuanto tarda.
Pero mi esperanza aguarda
una luz que anuncia el día.

Poemas sueltos (1932-1978)

Artigos relacionados


Limiar, poema de Celso Emilio na voz de Suso Vaamonde
Celso Emilio, Cantares
Monográfico da revista Raigames sobre Celso Emilio Ferreiro e Valentín Paz Andrade