O Instituto de Celanova quere levar o nome de Celso Emilio

Jun 24, 2012 editor de CEF novas

Celanova 22-06-2012
Escritores das Terras de Celanova e Baixa Limia compartiron onte escenario cos escolares e veciños da vila de San Rosendo para conmemorar o centenario de Celso Emilio Ferreiro.
Na biblioteca do Instituto tivo lugar un sinxelo, pero emotivo acto, onde se presentou o libro “Vieiros de palabra”,Terra de Celanova e Baixa Limia, en letras de autor e informouse da proposta do IES de Celanova para cambiar a súa denominación pola de IES Celso Emilio Ferreiro.

Audiovisuais
Celanova ten un vento
(CPR Sagrado Corazón – Celanova)
Vídeo-poema cantado a partir do texto de Celso Emilio Ferreiro.

Deus che dea ira, que paciencia tes de abondo
(IES Lagoa de Antela – Xinzo de Limia)
Audiovisual sobre Celso Emilio Ferreiro, elaborado polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística (ENDL).

Recitais
Recital musicado
dos poemas “Nai”, “Soldado” e “Moraima”, de Celso Emilio Ferreiro (IES de Celanova).
Interpretación musical dos poemas “Bande” e “María Soliña”, de Celso Emilio Ferreiro (IES Aquis Querquernis – Bande)


 

Artigos relacionados


“O obxectivo é que os rapaces de 15 anos flipen con Celso Emilio”, declaracións de Aser Álvarez en Dioivo
Son un pasmón, poema de Celso Emilio interpretado por Labregos do tempo dos sputniks
Recordatorio Iº Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados