Reivindicando a Celso Emilio

Nov 30, 2013 editor de CEF novas

30-11-2013

PREMIO XOÁN MANUEL PINTOS

O Premio Xoán Manuel Pintos que convocan o Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua vén recoñecer a traxectoria de KALANDRAKA a prol do idioma e de distinguir a campaña ‘Gústame o galego’, impulsada dende a Coordinadora de Traballadores de Normalización Lingüística (CTNL).

O director da editorial, Xosé Ballesteros, reivindicou con versos de Celso Emilio Ferreiro a importancia do galego como vehículo de expresión en todos os niveis.”

  “Lingua proletaria do meu pobo,
  eu fáloa porque sí, porque me gosta,
  porque me peta e quero e dame a gana;
  porque me sai de dentro, alá do fondo
  dunha tristura aceda que me abrangue
  ao ver tantos patufos desleigados,
  pequenos mequetrefes sin raíces
  que ao pór a garabata xa non saben
  afirmarse no amor dos devanceiros…”

[Fragmento de Deitado fronte ao mar…:
“Celso Emilio Ferreiro, escolma poética”, ilustrado por Baldo Ramos (Faktoría K)]

 

Artigos relacionados


Celso Emilio, Muiñeira Rebelde
Celso Emilio, poema NADAL interpretado por Suso Vaamonde
Celso Emilio Ferreiro o poeta da vida