Galicia Canta


01-12-2014

LP Galicia Canta, distribución gratuita
A Fundación Celso Emilio Ferreiro distribue de balde 50 unidades da  reedición (2014) do LP publicado en Caracas no ano 1970 e considerado o primeiro LP editado en galego. A gravación foi unha iniciativa de Celso Emilio, Xulio Formoso e Ignacio Sesto, apoiada por un  grupo de intelectuais na emigración venezolana. Contén un texto introductorio do poeta e o seguinte listado de temas.

Lado A
Romance incompleto. Xavier/C.E. Ferreiro
No Vietnam. Benedicto/Lois Dieguez
O Umbral. X.Moscoso/X.Les
Ti Galicia. Miro
Vento de inxusticia. Guillermo
A Emigración. X. Rubia/M. Curros Enríquez

Lado B
A Historia do meu Pobo. J. Ignacio Sesto/Xulio Formoso
Un vento ven.  J. Ignacio Sesto/Xulio Formoso
Cholo Peruan. Farruco Sesto/Xulio Formoso
Pandeirada ao Ché.  Farruco Sesto/Xulio Formoso
Pola longa lonxanía.  C.E. Ferreiro/Xulio Formoso
O dedo na Chaga. C.E. Ferreiro/Xulio Formoso

A Fundación pon a disposición 50 exemplares gratuitos desta xoia da música galega, para as primeiras 50 peticións (un disco por persoa) feitas antes do 5 de Decembro 2014.
¿Como conseguilo?
Escrebe un e-mail ao seguinte enderezo:  funcef@fundacioncelsoemilioferreiro.es , indicando o teu nome, apelidos e nº de teléfono ou correo electrónico.
¿Onde recollelo?
No Culturgal en Pontevedra os días 5,6 e 7 de Decembro, tí ou a persoa que indiques, poderá recoller o exemplar no Stand Nº 26 de Ouvirmos (Non se realizan envios).

 

Artigos relacionados


Celso Emilio, poema NADAL interpretado por Suso Vaamonde
Celso Emilio, “VICVS.un lugar do común”, libro de Beto Luaces
Homenaxe en Celanova a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento