O MEU PRIMEIRO CELSO EMILIO EN CONCERTO, CASA DA CULTURA DE PONTENOVA (LUGO)

Jan 1, 2013 editor de CEF novas

31-12-2012

XOVES 3 DE XANEIRO 2013
CASA DA CULTURA – A PONTENOVA (LUGO), 21 HORAS

Co gallo da celebración do centenario do nacemento do poeta Celso Emilio Ferreiro, Edicións Xerais editou o libro-CD O meu primeiro Celso Emilio. Este proxecto, baixo a dirección e a edición de Xiana e Xosé Lastra, conta coas ilustracións de María Manuela e pretende facilitar un achegamento á figura do poeta mediante unha breve biografía e antoloxía da súa obra, e grazas ás versións musicadas dalgúns dos seus poemas, que se recollen no CD nas voces de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra, acompañadas instrumentalmente por Xurxo Varela, Nani García, Nuria Lestegás, Roberto Grandal, Pepe Do Pico, Simón García e Manuel Dopico.

Esta parte musical é a que se interpreta nos concertos en directo que se veñen desenvolvendo, constituíndo un espectáculo dunha hora de duración, no que se interpretan as pezas do disco introducidas por breves vídeos sobre Celso Emilio. O meu primeiro Celso Emilio en concerto Máis información sobre O meu primeiro Celso Emilio.

Artigos relacionados


RECITAL POÉTICO-MUSICAL NO CENTENARIO DE CELSO EMILIO FERREIRO
Celso Emilio noTeatro Fernán Gómez de Madrid
Celso Emilio, hablando de Venezuela