“Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” premiado co Losada Diéguez

Apr 29, 2013 editor de CEF novas

27-04-2013

O xurado da XXVIII edición do Premio Antón Losada Diéguez, que se reuniu onte no Carballiño, elexiu na modalidade de Investigación e Ensaio o titulo ‘Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro’, de Ramón Nicolás (Edicións Xerais).

No eido da investigación elixiuse ‘Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro’, ‘polo feito de tratarse dun traballo rigorosísimo de investigación biográfica apoiado nun sólido labor de documentación e escrito nunha prosa fluída e con vontade de estilo literario’, segundo o xurado. Asemade, puntualiza que ‘constitúe así unha achega fundamental sobre o autor celanovés que pasará a converterse en ferramenta indispensable da historiografía literaria galega’. A deliberación prolongouse durante algo máis de dúas horasde. En investigación, tras unha primeira selección, acadouse o consenso da maioría, quedando finalista ‘Fisterras Atlánticas’, de Santiago Lamas.

O premio está dotado con 12.000 euros, que se repartirán entre os dous gañadores, e que será entregado o día 15 do próximo mes de xuño. O xurado estivo presidido polo concelleiro de Cultura, Rodrigo González, intervindo como vocais: Euloxio Rodríguez, pola Real Academia Galega; Dolores Vilavedra, do Consello da Cultura Galega; Francisco Luis Fariña, del Museo do Pobo Galego; Avelino García, pola Diputación; Xosé Henrique Costas, da Universidade de Vigo, e Goretti Sanmartín, pola Universidade da Coruña.

Artigos relacionados


“‘Longa noite de pedra’ non encaixou con parte do establishment galego da época”, entrevista con Ramón Nicolás
O Documental 100% CEF, no Museo Municipal de Lalín
Palabras do xornalista e escritor Ramón Loureiro na presentación da homenaxe a Celso Emilio Ferreiro na Sociedad Artística Ferrolana (11-2-2012)

Comentario (1)


Os comentarios están pechados para este artigo