28-05-2013

Autor: ENXEBRE ORDE DA VIEIRA

                           [button href=”https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=i1vZTUv6M2s#!” color=”red” size=”xlarge” icon=”download” ]Premar/Pulsar[/button]

   Deitado frente ao mar…                      Acostado frente al mar…

Língoa proletaria do meu pobo,                  Lengua proletaria de mi pueblo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,          yo la hablo porque sí, porque me gusta,
porque me peta e quero e dame a gana;    porque se me antoja quiero y me da la gana;
porque me sai de dentro, alá do fondo       porque me sale de dentro, allá del fondo
dunha tristura aceda que me abrangue      de una tristeza ácida que me inunda
ao ver tantos patufos desleigados,             al ver tantos necios descastados,
pequenos mequetrefes sin raíces               pequeños mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben          que al poner la corbata ya no saben
afirmarse no amor dos devanceiros,           afirmarse en el amor de los ancestros,
falar a fala nai,                                          hablar la lengua madre,
a fala dos abós que temos mortos,             la lengua de los abuelos que están muertos,
e ser, co rostro erguido,                            y ser, con el rostro erguido,
mariñeiros, labregos da lingoaxe,               marineros, labriegos del lenguaje,
remo i arado, proa e rella sempre.             remo y arado, proa y reja siempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta          La hablo porque sí, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente miña,    y quiero estar con los míos, con mi gente,
perto dos homes bos que sofren longo       cerca de los hombres buenos que sufren largamente
unha historia contada noutra língoa.           una historia contada en otra lengua.

Non falo pra os soberbios,                       No hablo para los soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,              no hablo para los ruines y poderosos,
non falo pra os finchados,                        no hablo para los vanidosos,
non falo pra os estúpidos,                        no hablo para los estúpidos,
non falo pra os valeiros,                           no hablo para los vacíos,
que falo pra os que agoantan rexamente  que hablo para los que aguantan reciamente
mentiras e inxusticias de cotío;                 mentiras e injusticias sin cesar;
pra os que súan e choran                         para los que sudan y lloran
un pranto cotidián de volvoretas,              un llanto cotidiano de mariposas,
de lume e vento sobre os ollos núos.        de fuego y viento sobre los ojos desnudos.
Eu non podo arredar as miñas verbas       No puedo apartar mis palabras
de tódolos que sofren neste mundo.         de todos los que sufren en este mundo.
E tí vives no mundo, terra miña,                Y tú vives en el mundo, tierra mía,
berce da miña estirpe,                             cuna de mi estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,            Galicia, dulce pena de las Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño…           tendida junto al mar, ese camino…

Longa noite de pedra (1962).

 

24-05-2013

O Martes 28 de Maio 2013 as 20:00 horas tera lugar o concerto “O meu primeiro Celso Emilio cun Cartafol de soños” no Salón de Actos do IES Fernando Wirtz de A Coruña. Cantan María Manuela, Mero, Mini, Xiana Lastra e a colabouración de Salman Zahir. Interveñen os escritores Lois Diéguez e Alberte Suras.

18-05-2013

Onte na Feira do Libro de Lugo, tivo lugar a presentación da biografía “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”. O acto contou cóa presenza de Manuel Bragado ( Director de Edicions Xerais ),
Ramón Nicolás (autor do libro) e Luis Ferreiro (Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro).
Ramón Nicolás expricou como foi a xestación do libro perante sete anos de investigación en arquivos, entrevistas e o estudo do espistolario que custodia a Fundación Celso Emilio Ferreiro.
Asimesmo puxo especial fincapé na abundosa documentación que sobre a vida e a obra de Celso Emilio aporta a biografía.

 

17-05-2013

O CPI A Picota de Mazaricos foi o lugar onde se desenvolveu unha xornada cultural e festiva en honra de Celso Emilio Ferreiro.
Alumnado e profesorado depositaron o mellor que puideron ofrecer nesta xornada como se espellou na paixón coa que os primeiros recitaron poemas, escenificaron outros e musicaron composicións de Celso Emilio.
Luís Ferreiro desvelou claves da vida cotiá co seu pai e García Mc interpretou clásicos como «Deitado fronte ao mar» ou «Son un pasmón», con esa forza e sentimento que sempre o caracterizaron. Ramón Nicolás espricou as claves da súa biografía “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”.
Unha aula do centro conta, desde hoxe, co nome de Celso Emilio Ferreiro. O eixo dos actos ademais da poesía a da música foron os versos de Celso “mais o lume que alampea, xamais o verédes morto”.
Ao remate dos actos os alumnos agasallaron a Fundación Celso Emilio Ferreiro cun dibuxo de Celso Emilio feito por eles mesmos.



 


10-04-2013

A Academia de Cine proyectou onte  9 de maio o documental  ‘100% CEF’, un largometraxe  sobre Celso Emilio Ferreiro. O seu  director, Aser Álvarez, contou para o seu proxecto coa colaboración do actor lucense Luis Tosar. A vida e a obra do autor de Longa noite de pedra. O documental realízouse  no ano 2012 cando se conmemoraba o Centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro. A cinta foi proxectada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas no marco dun ciclo que inclúe outros traballos galardonados na derradeira edición dos premios Mestre Mateo que concede a Academia Galega do Audiovisual.

08-05-2013

O Martes 28 de Maio 2013 as 20:00 horas tera lugar o concerto O meu primeiro Celso Emilio cun Cartafol de soños no Salón de Actos do IES Fernando Wirtz de A Coruña.
Cantan María Manuela, Mero, Mini, Xiana Lastra e a colabouración de Salman Zahir.

Interveñen os escritores Xosé M. Sánchez Rei e Alberte Suras. 

05-04-2013

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) celebrou onte no centro Ágora da Coruña a súa Gala das Letras, na que entregou os premios anuais ás mellores obras literarias publicadas durante os últimos doce meses. Os títulos gañadores foron elixidos polos 425 socios da entidade.
Foi elixido na categoría de ensaio  “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro” biografía escrita polo profesor Ramón Nicolás, asimesmo Ramón Nicolás foi premiado tamén polo mellor blog literario,  Caderno da crítica.
Beizóns a Moncho Nicolás.

 

 

04-05-2013

Manuel Baltar Presidente da Diputación Provincial de Ourense, entregou o premio a Aser Álvarez.
Aser Álvarez reivindicou o “compromiso social” de Celso Emilio Ferreiro, ao recibir o premio Xosé Aurelio Carracedo de Xornalismo, organizado pola Diputación de Ourense, que lle correspondeu polo documental 100% CEF. Unha biografía de Celso Emilio Ferreiro. O xurado destacou a “innovación no tratamento informativo”, ao conxugar elementos informativos con técnicas e narrativas cinematográficas, no documental que protagoniza o actor Luís Tosar, representando a Celso Emilio Ferreiro.
Aser Álvarez mostrouse “moi agradecido” porque, “máis que un premio é un recoñecemento á traxectoria vital de Celso Emilio Ferreiro e ao seu xeito de entender a vida, coa palabra social en mayúsculas”. O presidente da Diputación, Manuel Baltar, defendeu a liberdade de prensa e cualificou o xornalismo como “un dos alicerces esenciais do estado social, democrático e de dereito”.

02-05-2013

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Padova foi invitado polo Universidade de “La Sapienza” de Roma a levar a cabo na vindeira semana dúas conferencias;a primeira baseada na figura de Celso Emilo Ferreiro.
O martes 7 de maio o Dr. Giovanni  Borriero fará a súa sesión baixo o título: In margine alla traduzione di “Longa noite de pedra” di Celso Emilio Ferreiro ( Consideracións sobre a tradución de Longa noite de Pedra de Celso Emilio Ferreiro ).

O mércores 8 de maio a Dra. Gemma  Álvarez Maneiro presentará a súa ponencia titulada: Día das Letras Galegas. Origine, percorso storico e attualità ( Orixen, percorrido istórico e actualidade ). Que engloba a todas as figuras homenaxeadas, entre elas a Celso Emilio.