Eiquí será, poema de Celso Emilio cantado por Miguel Ángel Gómez Naharro


08-08-2014

Poema de Celso Emilio musicado e interpretado por M. A. Gómez Naharro, cantautor extremeño. O poema aparece no disco Editado pola Asamblea de Extremadura co título Antoloxía.
Violín, teclados e arranxos musicais: Adam Stepien
Poema de Celso Emilio musicado e interpretado por M. A. Gómez Naharro, cantautor extremeño. El poema aparece en el disco Editado por la Asamblea de Extremadura con el títuloAntología
Violín, teclados y arreglos musicales: Adam Stepien

Eiquí será
Quero morrer eiquí (cando me chegue
a hora da viaxe que me agarda).
Eiquí niste silencio
de pombas arroladas,
niste vento que dorme nos piñeiros
un profundo soño de arelanzas.

Quero morrer eiquí cos ollos postos
no fumegar das tellas, na borralla
do tempo, frente a frente
de mín, aberta a ialma
aos latexos das horas, nunha tarde
ateigada de arpas.
Van e veñen as nubes viaxeiras,
as anduriñas pasan.
O pandeiro da chuvia
repenica unha maina
melodía de outono,
que no roncón do río se acompasa.

Quero morrer eiquí. Ser sementado
nesta miña bisbarra.
Finar eiquí o meu cansancio acedo,
pousar eiquí pra sempre as miñas azas.

Longa noite de pedra, 1962

Aquí será
Quiero morir aquí (cuando me llegue
la hora del viaje que me aguarda).
Aquí en este silencio
de palomas arrulladas,
en este viento que duerme en los pinos
un profundo sueño de anhelos.

Quiero morir aquí, con los ojos puestos
en el humear de las tejas, en el rescoldo
del tiempo, frente a frente
de mí, abierta el alma
a los latidos de las horas, en una tarde
colmada de arpas.
Van y vienen las nubes viajeras,
las golondrinas pasan.
El pandero de la lluvia
repica con unamansa
melodía de otoño,
que en el roncón del río se acompasa.

Quiero morir aquí. Ser sembrado
en esta mi comarca.
Acabar aquí  mi cansancio amargo,
posar aquí para siempre mis alas.

Artigos relacionados


Presentación de “Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro”
50 anos da Longa noite de pedra
Manuel Bragado Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego