Nunha foxa común, poema de Celso Emilio

19-10-2016

 

Cimenterio privado_002

Nunha foxa común
Aldraxados por séculos,
mallados e feridos,
asoballados sempre,
decote desvividos,
pergunto qué fixeron
contesto que fuxiron
da terra malpocada,
sin pelexar, vencidos,
abandonado o campo
á furia do nemigo.

Soio unhos cantos bravos
a proba resistiron.
Garda, matria, un loureiro
prá frente distes fillos.

Cimenterio Privado,
Edicións Roi Xordo Xenevra 1973

En una fosa común
Injuriados durante siglos,
maltratados y heridos,
atropellados siempre,
constantemente desvividos,
pregunto que hicieron,
contesto que huyeron
de la tierra desdichada,
sin pelear, vencidos,
abandonando el campo
a la furia del enemigo.

Solo unos cuantos bravos
la prueba resistieron.
Guarda, matria, un laurel
para la frente de estos hijos.

Cementerio Privado,
Ediciones Roi Xordo Ginebra 1973