17-11-2012

Ateneo Ferrolán e A.C. Fuco Buxán

organizan:

HOMENAXE A CELSO EMILIO FERREIRO

no seu centenario 

martes, 20 de novembro, ás 19,30 hs,

Galería Sargadelos de Ferrol

Presenta : Fernando Ocampo Montesinos

en nome de Ateneo e Fuco Buxán

Interveñen:

Enrique Barrera Beitia, Historiador

O contexto político-social da época”

José Luis Forneiro Pérez, Profesor de Filoloxía Galego-Portuguesa da USC.

Vida e obra de Celso Emilio”

Entrada libre.

                            

 

17-11-2012, Diario de Ferrol

Ante un Jofre ateigado –desde o martes xa non quedaban entradas– a lembranza á poesía de Celso Emilio Ferreiro volveu inzar de emoción o teatro ferrolán na presentación da obra didáctica “O meu primeiro Celso Emilio” (Edicións Xerais), elaborado por Xosé e Xiana Lastra neste ano que é o do centenario do escritor celanovés.

Trala presentación do volume, o espectáculo trasladouse ao escenario coa música que inclúe este libro-disco. As súas voces, María Manuela, Xiana Lastra e Mini e Mero, interpretaron os poemas musicados do mestre de Celanova, pezas entre as que non faltaron “Erguerémo-la espranza”, “Eu en ti”, “Agardarei” ou tamén unha cantiga adicada ao propio poeta “Cantiga a morte de Celso Emilio Ferreiro”

Entre tema e tema, na pantalla do Jofre proxectouse un audiovisual que ía debullando a vida e obra do escritor. Ademais dos cantantes do proxecto, tamén estaban músicos que interviron na gravación e outros a maiores, como o pianista Pablo Sabio, Xurxo Varela, o baixista Manolo Dopico, Paco Barreiro, Nuria Lestegás ou Roberto Grandal, que xa puxeron música ao espectáculo noutras localidades.

Pola mañá, houbo unha presentación previa para 500 escolares de Ferrol

 

15-11-2012

O luns, 19 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón Noble do Liceo de Ourense, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5, terá lugar a presentación de Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro de Ramón Nicolás.

No acto participarán Xoán Carlos Domínguez Alberte, Luis Ferreiro, Manuel Bragado e o  profesor Ramón Nicolás, autor do libro.

Como peche, actuará María do Ceo acompañada de Pepe Salgado.

                                       O LICEO DE OURENSE

e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

comprácense en convidalo/a á presentación do libro: 

Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás.
O acto, que contará coa participación de Xoán Carlos Domínguez Alberte, Luís Ferreiro, Manuel Bragado e Ramón Nicolás, terá lugar o luns, 19 de novembro, ás 20,00 horas,no Salón Noble do Liceo de Ourense, rúa Valentín Lamas Carvajal, 5 Ourense. 

Como peche, actuará María do Ceo acompañada de Pepe Salgado.

 

 

 

 

15-11-2012

«O meu primeiro Celso Emilio Ferreiro», noTeatro Jofre de Ferrol.
O día 16 de Novembro, terá  lugar no Teatro Jofre o concerto titulado “O meu primeiro Celso Emilio Ferreiro”, coa participación de  María Manuela, Mini e Mero y Xiana Lastra. Será as 21 horas. A entrada é gratuita e os tiques se despachan no propio teatro dende hoxe até que se esgoten.

13-11-2012

No Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, preséntaouse o Luns 12 de Novembro.
Partindo da idea de límite que aplica Nelson Bardón na arquitectura, e coa súa colaboración, presentamos Xabier de Sousa, Isabel Somoza e Xosé Poldras unha carpeta de gravados onde se recollen poemas de X.L. Méndez Ferrín, M.Curros Enríquez e Celso Emilio Ferreiro, en texto, braille e unha imaxe froito da interpretación en linguaxe de signos.
En el Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, se presenta el lunes 12 de novembro.
Partiendo de la idea de límite que aplica Nelson Bardón en arquitectura, y con su colaboración, presentamos Xabier de Sousa, Isabel Somoza e Xosé Poldras unha carpeta de grabados donde se recogen poemas de X.L. Méndez Ferrín, M.Curros Enríquez y Celso Emilio Ferreiro, en texto, braille y una image fruto de la interpretación en linguage de signos.

 

9-11-2012 Marín

O profesor e biógrafo de Celso Emilio Ferreiro, Ramón Nicolas, deu hoxe unha conferencia no Museo Manuel Torres de Marín,por invitación do Clube de Opinión Portocelo, presentado o acto por Antonio Carragal, Presidente do mesmo.

A profesora Ana Acuña. foi a encargada de presentar o conferenciante e facer unha semblanza do mesmo, Na sua intervención espricou  a traxectoria  do conferenciante, e concliu decindo que Ramón Nicolas, é hoxendia o maior especialista  sobre Celso Emilio.
Dempois interviu o profesor Ramón Nicolás falando sobre a traxectoria vital de Celso Emilio, e a infruenza que tivo a súa vida sobre a su obra , e tamén o contrario, o que a obra tivo sobre a súa vida. 

O remate da conferencia, nas conversas cos asistente, quedou patente a actualidade da mensaxe de Celso Emilio, que a traverso dos seus poemas sigue marcando unha mensaxe moi crara sobor do acontecer da nosa Terra.

Ai vai un Poema de Celso Emilio, Titulado

 “A Gran Trampa”
                                      

Eiquí acouga a democracia representativa
candonga do furor hipotecario,
comadre vaxinal da burguesía,
musa da libertá de comercio,
cubil da mesocracia,
tarántula dos probes,
ano hixiénico dos pillos,

alcaiota dos crimes xurispertos,
celestina dos rábulas,
encubridora da mentira,
esfolalombos dos traballadores,
dama fedorenta de beneficiencia.

Señora Democracia, puta fina,
que por pirmeira vez na súa vida
fica deitada coas pernas xuntas.

 

                   

 

8-11-2012, La Voz de Galicia

O alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañou esta mañá na casa Consistorial ao escritor Xosé Lastra no acto para anunciar a presentación do seu libro sobre Celso Emilio Ferreiro, que se celebrará mañá día 9, ás 20.00 horas, no Círculo das Artes. Orozco mostrouse satisfeito de que o Consistorio sirva de plataforma para a presentación dun acto que constitúe unha homenaxe a un dos escritores que traballaron polo país e que, xa que logo, non serán esquecidos. O libro está pensado para achegar o escrito aos lectores xuvenís, e inclúe unha biografía e unha antología poética. Vai acompañado dunha grabación de cancións con poemas de Celso Emilio Ferreiro. No Círculo cantarán Mini e Mero, María Manuela e Xiana.

05-11-2012

O Venres, 9 de Novembro, ás 20 horas, terá lugar o concerto O meu primeiro Celso Emilio no Círculo das Artes de Lugo.

Actuarán:  María Manuela, Mini e Mero e Xiana Lastra.
Patrocina:  Concello de Lugo

 

 

7-10-2012
PADROADO DA CULTURA GALEGA DE MONTEVIDEO

Sobre finais do mes de Setembro socios e amigos da institución reuníronse para homenaxear a este soado escritor galego.
O acto contou con distintos momentos significativos. O primeiro deles foi a presentación a cargo de Nedy Varela (directora do taller de literatura), a cal estivo centrada en destacar os momentos importantes na vida do escritor. A continuación un grupo de alumnos do Taller de Declamación que dirixe Maribel Calderón, percorreron parte da obra deste autor. Por medio dunha moi coidada selección de poemas lograron reflectir as características máis sobresaintes da súa obra dende o amor pola lingua galega, ata a tristura, dende a crítica, ata o humor.
Finalmente proxectouse un video con imaxes de Celanova de fai cen anos cando nacía Celso Emilio Ferreiro.

 

Caderno da Crítica 1-11-2012

Infórmame Luís Ferreiro, director da Fundación Celso Emilio Ferreiro, do pasamento de Antidio Cabal. É ben posible que a súa morte pase desapercibida no mundo cultural galego, agardo que non no hispánico onde desenvolveu un monumental labor creativo, especificamente poético e ensaístico. Entre nós debía ser lembrado aínda que fose só pola estreita amizade que o uniu a Celso Emilio Ferreiro na época venezolana deste último. Se cómpre falar de dúas persoas, poetas os dous, que exerceron un poderoso influxo no poeta de Celanova, e viceversa; que estiveron canda el,  canda Moraima e os fillos destes nos bos e malos momentos, estes foron entre outros Joaquín Marta Sosae mais Antidio Cabal.

        Manexei moita información de Antidio que se custodiaba na Fundación CEF para a elaboración da biografía de Celso Emilio, sobre todo marabillosas cartas de índole persoal, mais tamén a súa era unha presenza recorrente cando falaba con calquera persoa arredor das vivencias daqueles anos en Caracas, momentos tamén pragados de anécdotas extraordinarias. Vivía en Costa Rica desde había tempo mais tiven ocasión de coñecelo en Vigo no ano 2004, nunhas Xornadas sobre Celso Emilio Ferreiro, ás que asistiu emocionado polo recordo de quen foi o seu amigo; lembro que deixou mostra nun relatorio dunha lúcida e asombrosa  interpretación do valor da poesía no mundo, e a de CEF concretamente: foi mágoa que nunca se publicase.

      Deixo abaixo senllos poemas de Antidio. Que a terra lle sexa leve.

Mi alma sin libertad ha levantado
un rasgo de relámpago, que es un rasgo
ardiente
de restos de belleza,
y la acción del amor es
un herido
completo de ceniza.

El amor me engaña cuando no me convence,
el amor me engaña cuando me convence,
el amor me engaña cuando existe.