Federación de Sociedades Gallegas de Argentina| Abril 20, 2012. 

La Federación de Asociaciones Gallegas de la República Argentina invita a la comunidad a la conferencia que dará el escritor gallego Ramón Nicolás Rodríguez sobre “Celso Emilio Ferreiro”, el próximo miércoles 25 de abril, desde las 20.30 en el Salón Arturo Cuadrado, ubicado en Chacabuco 955 (1º piso), del porteño barrio de San Telmo.

Con entrada libre y gratuita , el acto contará también con la presencia ,en la apertura y cierre, de la reconocida cantante gallega María do Ceo , quién interpretará varios temas de su amplio repertorio. Acompañarán al escritor en la charla, el secretario Xeral de Cultura de la Xunta de Galicia, Anxo Manuel Lorenzo Suárez , y el titular de la Federación, Francisco Lores Mascato.

 

Declarado por la Xunta de Galicia y el parlamento como “Año Celso Emilio Ferreiro”  al conmemorarse el centenario de su nacimiento, el biógrafo de este escritor, Ramón Nicolás Rodríguez , viene participando en numerosos actos en su homenaje que se han desarrollado en distintos puntos de la comunidad autónoma y ahora llegan a la llamada quinta provincia gallega: Buenos Aires.

Ramón Nicolás

 

 

 

Venres 20 de Abril 2012.

Campaña de promoción de Celso Emilio Ferreiro na rúa.

A Consellería de Cultura desenvolverá o proxecto en 28 concellos.

Hoxe presentouse en Ourense a campaña Vivo na rúa Celso Emilio Ferreiro.Con ista actividade querese divulgar a  figura de Celso Emilio a traverso dun folleto no que se recolle a súa vida e a súa obra. A publicación está editada por Ouvirmos. A campaña percorrerá os 28 concellos galegos onde existe unha rúa co nome do escritor e tamén irá a Madrid, onde hai unha rúa co seu nome.

 

 

Língua e literatura comtemporánea: perspectivas de busca.

GIOVANNI BORRIERO (Università degli Studi di Padova) Appunti sulla traduzione di Longa noite de pedra di Celso Emilio Ferreiro.

O 8 de Maio na Sala Folena da Universidade de Padova (Italia), celébrase o I Seminario Internacional de Estudos Galegos organizado polo Centro de Estudos Galegos da Universidade de Padova . O profesor GIOVANNI BORRIERO (Director do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Padova) intervendrá coa ponencia “Notas sobre la traducción de Longa Noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro”.

 

 

 

A las 13.00 horas del 25/04/2012 , en el aula 354 de la Facultad de Ciencias Sociales y Humanas de Bilbao, dentro de las actividades llevadas a cabo para celebrar las Letras Gallegas 2012, la Cátedra de Estudos Galegos organiza un recital poético-musical  tituladoErgueremos a esperanza. Celso Emilio Ferreiro en tres poetas actuais“. Con este acto se pretende homenajear al gran poeta gallego Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) justo cuando se cumplen 100 años de su nacimiento. Para ello se contará con tres de las voces más jóvenes y prometedoras del panorama poético gallego actual: Andrea Nunes, Mario Regueira y Lorena Souto.

 

 

 

O 17 de Abril foi presentada na Deputación de Ourense, a edición bilingüe, galego-castelán, de Longa noite de pedra de AUGA EDITORA. O acto contou coa presenza do Presidente da Deputación José Manuel Baltar, o editor do libro Xosé A. Perozo, o Alcalde de Celanova e deputado responsable de cultura na Deputación, Antonio Mouriño e de Luis Ferreiro, Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro.

Celebrouse hoxe na Cidade da Cultura un acto de recoñecemento á figura de Celso Emilio Ferreiro con grande éxito de público. Participaron Luís Ferreiro, Ramón Nicolás e o grupo Labregos no tempo dos Sputniks. Presentou o acto Marcos Lorenzo e abriu o ciclo de conferencias “Galicia, ceo das letras” Anxo Lorenzo.

O Circo Lírico do País dos Ananos xorde da fusión dun recital poético cun espectáculo circense. Unha pista na que a poesía xera números musicais, monicreques, visións extraordinarias e moito humor, na presenza dun público moi participativo. Dirixido por María Lado abre xa o periódo de contratación.

A velada do Circo Lírico do País dos Ananos presenta música en directo da man do grupo Labregos do tempo dos Sputniks -formado por García de Dios Ke Te Crew, o Leo i Arremecághona, mais Silverio Outeiro ex Xenreira- números de marionetas de fío e sombras chinesas con Borxa Ínsua xunto á voz das poetisas María Lado e Lucía Aldao. Complétase o elenco coa participación dun reducido número de poetas locais, convidados a participar na pista, con textos propios ou alleos, nun arriscado número con feras devoradoras de vates. O público tamén ten moito que dicir, pois, cal circo romano, eles poderán salvar ou pedir a cabeza dos artistas presentes.

O ano de 2012 vén marcado, no noso mundo cultural, por dous aniversarios intimamente relacionados: por unha banda, o centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro (1912); pola outra, cúmprense 50 anos da publicación da que sería a súa obra máis emblemática, Longa noite de pedra. Estas dúas efemérides permítennos afonda tanto na figura do escritor celanovés como nas páxinas do seu poemario; é por isto que, dentro das nosas accións, se atopa a celebración das Xornadas de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro.

Estas xornadas terán lugar, como as do ano pasado, na Facultade de Filoloxía da USC, os vindeiros 11 e 12 de abril. Podedes atopar toda a información sobre o programa e como matricularse -están recoñecidas cun crédito de libre configuración para todas as titulacións da Universidade de Santiago de Compostela- no blogue que vimos de habilitar para o acto: http://homenaxecef.blogaliza.org. (vía http://ligaestudantilgalega.info/xornadas-de-homenaxe-a-celso-emilio-ferreiro/)

O venres 13 de abril de 2012, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Ilduara de Celanova terá lugar un Concerto-Homenaxe a Celso Emilio.

O próximo 14 de Abril, na Cidade da Cultura, dentro da programación "O Ceo das Letras",
 o profesor Ramón Nicolás falará sobre Celso Emilio (Vida e Obra),
e pecharán o Acto os Labregos do Tempo dos Sputniks.
12:00 | Ramón Nicolás Rodríguez. Profesor e crítico literario.
13:00 | Labregos do Tempo dos Sputniks (35’). Tres colosos do punk (O Leo),
do hip hop (García Mc -Dios Ke Te Crew) e do ska (Vero –Xenreira-) conflúen nunha das
 bandas máis poderosas da escena musical galega actual, en tributo aos versos
de Celso Emilio.
Presenta: Luís Ferreiro, fillo do poeta e Director da Fundación Celso Emilio Ferreiro.