LICALATERNA, gañador do 1º Premio Celso Emilio Ferreiro de Poemas Musicados


20-11-2016

O Grupo LICALATERNA  (Andrea Souto e Oscar Iglesias) vén de ser escollido polo Xurado do 1º Premio Celso Emilio Ferreiro de poemas Musicados como gañador do mesmo.

O tema premiado é o poema Mensaxe dende o silenzo, poema do libro O soño sulagado.

Parabéns.

O premio será entregado o día Sábado 3 de Decembro as 11:30 da Mañá no Espacio Foro do Culturgal en Pontevedra.

Pazo da Cultura de Pontevedra
Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra, España

Mensaxe dende o silenzo
Ti ben sabes, amigo, o gran segredo
dise tempo que pasa e que nos moe
cun rodicio de sombras,
sin mañá e sin onte.

Nas nosas maus de lama nada queda,
todo se nos desfai, todo nos foxe
coma o vento que brúa,
coma a iauga que corre.

Non somos máis que cousas
con diferentes nomes:
camiño, verme, folla,
estrela, arbre, home.

Cousas
que o tempo ha de pór podres.

E mentras tanto
de ningures pra lonxe,
igoal que toupas imos cegamente
furando o longo túnel dunha noite
que endexamais ten fin; sempre furando
sin máis norte que a morte.

Preguntas e preguntas e preguntas,
decote a preguntar. Ninguén responde.

Mensaje desde el silencio
Tú sabes  bien, amigo, el gran secreto
de ese tiempo que pasa y que nos muele
con rodezno de sombras,
sin mañana y sin ayer.

En nuestras manos de barro nada queda,
todo se nos deshace, todo nos huye
como el viento que brama,
como el agua que corre.

No somos más que cosas
con diferentes nombres:
camino, gusano, hoja,
estrella, árbol, hombre.

Cosas
que el tiempo ha de pudrir.

Y mientras tanto
desde ningún sitio hasta un lejano sitio,
vamos, ciegamente, igual que topos,
perforando el largo túnel de una noche
que jamás tiene fin; siempre perforando
sin más norte que la muerte.

Preguntas y preguntas y preguntas,
siempre preguntando. Nadie responde.

Artigos relacionados


Inauguración da cuarta tempada de “Poesía de OídAs” – Sesión de diciembre: Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario
Inverno, Celso Emilio Ferreiro e Luis Emilio Batallán
O CONCELLO DE LALÍN DEDICARÁ A CELSO EMILIO FERREIRO UNHA RÚA OU UN ESPAZO PÚBLICO