OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO, Deitado Frente ao Mar


01-06-2014

OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO, celebran o XX aniversario do Bravú.
Idea e música: Os Diplomáticos de Monte Alto (Mangüi Martín, Guni Varela, Pulpiño Viascón, Xurxo Souto e Rómulo Sanjurjo)
Letra: Celso Emilio Ferreiro
OS DIPLOMÁTICOS DE MONTE ALTO, celebran el XX aniversario del Bravú.
Idea y músicaOs Diplomáticos de Monte Alto (Mangüi Martín, Guni Varela, Pulpiño Viascón, Xurxo Souto e Rómulo Sanjurjo)
Letra: Celso Emilio Ferreiro

Deitado frente ao mar…

Língoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gana;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra língoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruís e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.
E tí vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño..

Longa noite de pedra 1962

Acostado frente al mar…
Lengua proletaria de mi pueblo,
yo la hablo porque sí, porque me gusta,
porque se me antoja y quiero y me da la gana;
porque me sale de dentro, allá del fondo
de una tristeza amarga que me abraza
al ver tantos necios descastados,
pequeños mequetrefes sin raíces
que al poner la corbata ya no saben
afirmarse en el amor de los ancestros,
hablar la lengua madre,
la lengua de los abuelos que ya murieron,
y ser, con el rostro erguido,
marineros, campesinos del lenguaje,
remo y arado, proa y reja siempre.

Yo la hablo porque sí, porque me gusta
y quiero estar con los míos, con mi gente,
cerca de los hombres buenos que sufren largamente
una historia contada en otra lengua.

No hablo para los soberbios,
no hablo para los ruines y poderosos,
no hablo para los engreídos,
no hablo para los vacíos,
no hablo para los estúpidos,
que hablo para los que aguantan reciamente
mentiras e injusticias sin pausa;
para los que sudan y lloran
un llanto cotidiano de mariposas,
de fuego y viento sobre los ojos desnudos.
Yo no puedo apartar mis palabras
de todos los que sufren en este mundo.
Y tú vives en el mundo, terra mía,
cuna de mi estirpe,
Galicia, dulce dolor de las Españas,
tendida junto al mar, ese camino…

Larga noche de piedra 1962

 

 

Artigos relacionados


Especial “Eirado” na Tvg2
20 Anos do Bravú, presentación do libro “Non temos medo” e proxección do vídeo “Deitado frente ao mar”
Celso Emilio, “In Memoriam”