Celso Emilio, “Pra Moraima, sempre”


24-06-2015

Pra Moraima, sempre (de Celso Emilio Ferreiro)                   Para Moraima, siempre (de Celso Emilio Ferreiro)

Cantiga de Cantarías a Treu (Rocío Salgado, Xurxo Antúnez e Xerardo Santomé), estreada o 23/5/2015 na presentación en Coruxo (Vigo) da película documental Un traballador do século XX“.
Cantiga de Cantarías a Treu (Rocío Salgado, Xurxo Antúnez e Xerardo Santomé), estrenada el 23/5/2015 en la presentación en Coruxo (Vigo) de la película documental Un trabajador del siglo XX.

Xaneiro 1972, II
Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.

Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.

Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.

Onde o mundo se chama Celanova (1975)

Enero 1972, II
Cuando quiero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cuando siembro la esperanza.
Digo Moraima
y se pone azul el alba.

Cuando quiero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cuando la noche es cerrada.
Digo Moraima
y la luz se pone en marcha.

Cuando quiero llorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cuando la angustia me asfixia.
Digo Moraima
y el mar se pone en calma.

Cuando quiero sonreír
digo Moraima.
Digo Moraima
cuando la mañana es clara.
Digo Moraima
y la tarde se pone mansa.

Cuando quiero morir
no digo nada.
Y me mata el silencio
de no decir Moraima

Donde el mundo se llama Celanova (1975)

 

 

 

 

 

 

 

Artigos relacionados


Cando o mundo é poesía
Homenaxe a Celso Emilio na Casa dos Poetas de Celanova
Unha pintada no Mosteiro, por Iria Ameixeiras