Celso Emilio xa ten rúa en Caracas
Caracas adiántase á celebración do centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro no 2012 dándolle o nome do poeta a unha rúa da capital. A Alcaldía de Caracas aprobou o cambio de nome da cuarta transversal de Maripérez, rúa onde residiu o poeta durante a súa etapa venezolana, polo de cuarta transversal Celso Emilio Ferreiro