Galicia Canta

11-01-2015

Reproducimos hoxe na nosa páxina un artigo de Manuel Bragado publicado no seu Blog Brétemas.

Onte 1200_ «Galicia canta» _ Brétemas_001
Onte 1200_ «Galicia canta» _ Brétemas_Página_2

Jan62015

Castelao e noso

06-01-2015 Reproducimos un Artigo do profesor Ramón Nicolás, no que fai referencia a unha escrita de Celso Emilio Ferreiro sobre a figura de Castelao.. Castelao (visto por Celso Emilio Ferreiro) Vén sendo case unha obriga realizar neste blogue un exercicio de recordación da figura de Castelao e fágoo agora cando mañá se cumpre o seu sesenta e cinco cabodano. Nesta ocasión recollo nun extracto as  reflexións  sobre o seu proceso de canonización  e mais  sobre a súa adscrición política, apuntando á diferenciación semántica entre galeguismo e nacionalismo,  subscritas por  Celso Emilio Ferreiro na publicación Mundo(nº [...]
Leer máis
Dec42014

Galicia Canta, Comunicado

04-12-2014 A Fundación Celso Emilio Ferreiro informa que o cupo de Cincoenta (50) Discos de Galicia Canta que se entregarán de balde a partires do día 5 de Decembro do 2014, no Stand 26 de Ouvirmos en CULTURGAL,”XA ESTÁ COMPLETO.” Por elo xa non é posíbel aceptar mais peticións. Grazas a todos por axudarnos  a difundir esta Obra senlleira da Música Galega da Resistenza.        
Leer máis
Dec12014

Galicia Canta

01-12-2014 LP Galicia Canta, distribución gratuita A Fundación Celso Emilio Ferreiro distribue de balde 50 unidades da  reedición (2014) do LP publicado en Caracas no ano 1970 e considerado o primeiro LP editado en galego. A gravación foi unha iniciativa de Celso Emilio, Xulio Formoso e Ignacio Sesto, apoiada por un  grupo de intelectuais na emigración venezolana. Contén un texto introductorio do poeta e o seguinte listado de temas. Lado A Romance incompleto. Xavier/C.E. Ferreiro No Vietnam. Benedicto/Lois Dieguez O Umbral. X.Moscoso/X.Les Ti Galicia. Miro Vento de inxusticia. Guillermo A Emigración. [...]
Leer máis

Castelao e noso

06-01-2015
Reproducimos un Artigo do profesor Ramón Nicolás, no que fai referencia a unha escrita de Celso Emilio Ferreiro sobre a figura de Castelao..

Castelao (visto por Celso Emilio Ferreiro)

Vén sendo case unha obriga realizar neste blogue un exercicio de recordación da figura de Castelao e fágoo agora cando mañá se cumpre o seu sesenta e cinco cabodano. Nesta ocasión recollo nun extracto as  reflexións  sobre o seu proceso de canonización  e mais  sobre a súa adscrición política, apuntando á diferenciación semántica entre galeguismo e nacionalismo,  subscritas por  Celso Emilio Ferreiro na publicación Mundo(nº 19.866, 27 de marzo de 1976) onde viu a luz un artigo do celanovés baixo o título “Castelao, Vivo”; tamén o fago desde a convicción de que existe un traballo aínda por facer que é o da recolla de artigos e outras intervencións de carácter político que Celso Emilio deu a coñecer desde  a época da Federación de Mocedades Galeguistas, que el mesmo contribuíu a transformar en Federación de Mocedades Nacionalistas, ata os seus últimos anos.

Complemento o apuntamento cunhas fotografías que puiden rescatar, realizadas hai un par de anos, tanto do  Centro Galego de Bos Aires como do cuarto hospitalario dependente desta institución onde Castelao faleceu e que se mantén intacto desde aquela: unha iniciativa da que non coñezo caso semellante en ningures.

O desfavor máis grande que se lle pode facer a Castelao é tratar de canonizalo na beatitude do inmovilismo, convertíndoo nunha figura de museo. E si a entronización está feita deliberadamente coa intención de trocalo nun híbrido político, por enriba do ben e do mal (léase esquerdas e dereitas), para non inquedar a dixestión dos pequenos tendeiros folkloristas, entón o desfavor transfórmase nunha alcatreante treiduría. (…)

En pirmeiro termo hai que decir que Castelao non era un simpre galeguista, sinon un nacionalista galego, cousa un pouco diferente. A palabra galeguismo, como outras moitas verbas (libertá, democracia, socialismo, etc.) que noutrora tiveron un siñificado moi concreto, ten agora a semántica deturpada por o uso i o abuso dos falsificadores, e presenta un senso cada día menos efectivo e máis equívoco. Galeguista, por exempro, é Fraga Iribarne cando afirma que a lingoa galega “es un idioma tan español como el castellano”. Tamén Franco, a súa maneira, é galeguista cando se toma o traballo de ir dende Meirás a Sada pra saborear, a dedo, unhas “enxebres” sardiñas asadas.

Celso Emilio Ferreiro

 >

Lendo certo períodico menstrual
Olla meu irmáu honrado
o que acontez con Daniel:
os que o tiñan desterrado
agora falan ben del.

O palurdo de alma lerda,
o tendeiro desertor,
o vinculeiro da merda
disfrazado de señor.

O lurdo carca refrito,
o monifate de entroido,
o aprendiz de señorito,
marqués de quero e non poido.

O badoco endomingado,
o franquista pousafol,
o forricas desleigado,
o pequeno burgués mol.

O devoto do onanismo,
o feligrés de pesebre,
o tolleito de cinismo
o que dá gato por lebre.

O rateiro de peirao,
o refugallo incivil,
válense de Castelao
pra esconder a caste vil.

Escoita puto nefando,
criado na servidumbre:
non pasará o contrabando
dise teu noxento estrume.

Grotesco escriba sandéu,
inxertado nun raposo.
Castelao nunca foi teu,
porque Castelao é noso.

I anque a ti che importa un pito,
sabrás que é cousa sabida,
que estás incurso en delito
de apropiación indebida.

Olla meu irmao”. MIRO CASABELLA, Miro canta “Cantigas de escarnho e de mal dizer”.
Edigsa/Xistral, Barcelona, 1969. Musicado por Pedro J. Puértolas, arr. Miro Casabella.
Título orixinal do poema: “Lendo certo períodico menstrual”

Leyendo cierto periódico menstrual
Mira, hermano mío honrado,
lo que pasa con Daniel:
los que lo tuvieron desterrado
hablan ahora bien de él.

El palurdo de alma lerda
el tendero desertor,
el primogénito de la mierda
disfrazado de señor.

El pesado carca refrito,
el monifate de entruejo,
el aprendiz de señorito,
marqués de quiero  y no puedo.

El patán endomingado,
el fascista enchufado,
el cobarde descastado,
el pequeño burgués blandengue.

El devoto del onanismo,
el feligrés de pesebre,
el tullido de cinismo
el que da gato por liebre.

 El ratero de muelle
el residuo  incivil,
se valen de Castelao
para ocultar la casta vil.

Escucha, puto nefando,
criado en la servidumbre:
no pasará el contrabando
de tú asqueroso  estiércol.

Grotesco escriba simplón,
injertado en un zorro.
Castelao nunca fue tuyo,
porque Castelao es nuestro.

Y aunque a ti te importe un pito,
sabrás que es cosa sabida,
que estás incurso en delito
de apropiación indebida.

“Mira hermano mío”. MIRO CASABELLA, Miro canta “Cantigas de escarnio y de mal decir”.
.Edigsa/Xistral, Barcelona, 1969. Musicado por Pedro J. Puértolas, arr. Miro Casabella.
Título original del poema: “Leyendo cierto períodico menstrual”
.

Jan62015

Castelao e noso

06-01-2015 Reproducimos un Artigo do profesor Ramón Nicolás, no que fai referencia a unha escrita de Celso Emilio Ferreiro sobre a figura de Castelao.. Castelao (visto por Celso Emilio Ferreiro) Vén sendo case unha obriga realizar neste blogue un exercicio de recordación da figura de Castelao e fágoo agora cando mañá se cumpre o seu sesenta e cinco cabodano. Nesta ocasión recollo nun extracto as  reflexións  sobre o seu proceso de canonización  e mais  sobre a súa adscrición política, apuntando á diferenciación semántica entre galeguismo e nacionalismo,  subscritas por  Celso Emilio Ferreiro na publicación Mundo(nº [...]
Leer máis
Dec42014

Galicia Canta, Comunicado

04-12-2014 A Fundación Celso Emilio Ferreiro informa que o cupo de Cincoenta (50) Discos de Galicia Canta que se entregarán de balde a partires do día 5 de Decembro do 2014, no Stand 26 de Ouvirmos en CULTURGAL,”XA ESTÁ COMPLETO.” Por elo xa non é posíbel aceptar mais peticións. Grazas a todos por axudarnos  a difundir esta Obra senlleira da Música Galega da Resistenza.        
Leer máis
Dec12014

Galicia Canta

01-12-2014 LP Galicia Canta, distribución gratuita A Fundación Celso Emilio Ferreiro distribue de balde 50 unidades da  reedición (2014) do LP publicado en Caracas no ano 1970 e considerado o primeiro LP editado en galego. A gravación foi unha iniciativa de Celso Emilio, Xulio Formoso e Ignacio Sesto, apoiada por un  grupo de intelectuais na emigración venezolana. Contén un texto introductorio do poeta e o seguinte listado de temas. Lado A Romance incompleto. Xavier/C.E. Ferreiro No Vietnam. Benedicto/Lois Dieguez O Umbral. X.Moscoso/X.Les Ti Galicia. Miro Vento de inxusticia. Guillermo A Emigración. [...]
Leer máis

“Galicia Canta” recupera a música da terra na migración

24-12-2014

Xornal  “Atlántico Diario”

http://www.atlantico.net/articulo/cultura/galicia-canta-recupera-musica-da-terra-na-migracion/20141223092632452591.html
Jan62015

Castelao e noso

06-01-2015 Reproducimos un Artigo do profesor Ramón Nicolás, no que fai referencia a unha escrita de Celso Emilio Ferreiro sobre a figura de Castelao.. Castelao (visto por Celso Emilio Ferreiro) Vén sendo case unha obriga realizar neste blogue un exercicio de recordación da figura de Castelao e fágoo agora cando mañá se cumpre o seu sesenta e cinco cabodano. Nesta ocasión recollo nun extracto as  reflexións  sobre o seu proceso de canonización  e mais  sobre a súa adscrición política, apuntando á diferenciación semántica entre galeguismo e nacionalismo,  subscritas por  Celso Emilio Ferreiro na publicación Mundo(nº [...]
Leer máis
Dec42014

Galicia Canta, Comunicado

04-12-2014 A Fundación Celso Emilio Ferreiro informa que o cupo de Cincoenta (50) Discos de Galicia Canta que se entregarán de balde a partires do día 5 de Decembro do 2014, no Stand 26 de Ouvirmos en CULTURGAL,”XA ESTÁ COMPLETO.” Por elo xa non é posíbel aceptar mais peticións. Grazas a todos por axudarnos  a difundir esta Obra senlleira da Música Galega da Resistenza.        
Leer máis
Dec12014

Galicia Canta

01-12-2014 LP Galicia Canta, distribución gratuita A Fundación Celso Emilio Ferreiro distribue de balde 50 unidades da  reedición (2014) do LP publicado en Caracas no ano 1970 e considerado o primeiro LP editado en galego. A gravación foi unha iniciativa de Celso Emilio, Xulio Formoso e Ignacio Sesto, apoiada por un  grupo de intelectuais na emigración venezolana. Contén un texto introductorio do poeta e o seguinte listado de temas. Lado A Romance incompleto. Xavier/C.E. Ferreiro No Vietnam. Benedicto/Lois Dieguez O Umbral. X.Moscoso/X.Les Ti Galicia. Miro Vento de inxusticia. Guillermo A Emigración. [...]
Leer máis

Galicia Canta, Comunicado

04-12-2014

A Fundación Celso Emilio Ferreiro informa que o cupo de Cincoenta (50) Discos de Galicia Canta que se entregarán de balde a partires do día 5 de Decembro do 2014, no Stand 26 de Ouvirmos en CULTURGAL,”XA ESTÁ COMPLETO.”

Por elo xa non é posíbel aceptar mais peticións.

Grazas a todos por axudarnos  a difundir esta Obra senlleira da Música Galega da Resistenza.

Jan62015

Castelao e noso

06-01-2015 Reproducimos un Artigo do profesor Ramón Nicolás, no que fai referencia a unha escrita de Celso Emilio Ferreiro sobre a figura de Castelao.. Castelao (visto por Celso Emilio Ferreiro) Vén sendo case unha obriga realizar neste blogue un exercicio de recordación da figura de Castelao e fágoo agora cando mañá se cumpre o seu sesenta e cinco cabodano. Nesta ocasión recollo nun extracto as  reflexións  sobre o seu proceso de canonización  e mais  sobre a súa adscrición política, apuntando á diferenciación semántica entre galeguismo e nacionalismo,  subscritas por  Celso Emilio Ferreiro na publicación Mundo(nº [...]
Leer máis
Dec42014

Galicia Canta, Comunicado

04-12-2014 A Fundación Celso Emilio Ferreiro informa que o cupo de Cincoenta (50) Discos de Galicia Canta que se entregarán de balde a partires do día 5 de Decembro do 2014, no Stand 26 de Ouvirmos en CULTURGAL,”XA ESTÁ COMPLETO.” Por elo xa non é posíbel aceptar mais peticións. Grazas a todos por axudarnos  a difundir esta Obra senlleira da Música Galega da Resistenza.        
Leer máis
Dec12014

Galicia Canta

01-12-2014 LP Galicia Canta, distribución gratuita A Fundación Celso Emilio Ferreiro distribue de balde 50 unidades da  reedición (2014) do LP publicado en Caracas no ano 1970 e considerado o primeiro LP editado en galego. A gravación foi unha iniciativa de Celso Emilio, Xulio Formoso e Ignacio Sesto, apoiada por un  grupo de intelectuais na emigración venezolana. Contén un texto introductorio do poeta e o seguinte listado de temas. Lado A Romance incompleto. Xavier/C.E. Ferreiro No Vietnam. Benedicto/Lois Dieguez O Umbral. X.Moscoso/X.Les Ti Galicia. Miro Vento de inxusticia. Guillermo A Emigración. [...]
Leer máis

Galicia Canta

01-12-2014

LP Galicia Canta, distribución gratuita
A Fundación Celso Emilio Ferreiro distribue de balde 50 unidades da  reedición (2014) do LP publicado en Caracas no ano 1970 e considerado o primeiro LP editado en galego. A gravación foi unha iniciativa de Celso Emilio, Xulio Formoso e Ignacio Sesto, apoiada por un  grupo de intelectuais na emigración venezolana. Contén un texto introductorio do poeta e o seguinte listado de temas.

Lado A
Romance incompleto. Xavier/C.E. Ferreiro
No Vietnam. Benedicto/Lois Dieguez
O Umbral. X.Moscoso/X.Les
Ti Galicia. Miro
Vento de inxusticia. Guillermo
A Emigración. X. Rubia/M. Curros Enríquez

Lado B
A Historia do meu Pobo. J. Ignacio Sesto/Xulio Formoso
Un vento ven.  J. Ignacio Sesto/Xulio Formoso
Cholo Peruan. Farruco Sesto/Xulio Formoso
Pandeirada ao Ché.  Farruco Sesto/Xulio Formoso
Pola longa lonxanía.  C.E. Ferreiro/Xulio Formoso
O dedo na Chaga. C.E. Ferreiro/Xulio Formoso

A Fundación pon a disposición 50 exemplares gratuitos desta xoia da música galega, para as primeiras 50 peticións (un disco por persoa) feitas antes do 5 de Decembro 2014.
¿Como conseguilo?
Escrebe un e-mail ao seguinte enderezo:  funcef@fundacioncelsoemilioferreiro.es , indicando o teu nome, apelidos e nº de teléfono ou correo electrónico.
¿Onde recollelo?
No Culturgal en Pontevedra os días 5,6 e 7 de Decembro, tí ou a persoa que indiques, poderá recoller o exemplar no Stand Nº 26 de Ouvirmos (Non se realizan envios).