O Parlamento de Galicia homenaxea a Celso Emilio Ferreiro
02-12-2019
O Parlamento de Galicia homenaxea a Celso Emilio Ferreiro “figura determinante” polo seu compromiso coa lingua e a cultura de Galicia
• O Presidente Santalices anunciou a próxima publicación dunha obra sobre Celso Emilio Ferreiro patrocinada pola secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e polo Parlamento de Galicia
Santiago, 2 de decembro de 2019.- O Parlamento de Galicia acolleu esta tarde un acto de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro para conmemorar o 40 aniversario do seu pasamento.
O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, subliñou que “nada do que acontece en Galicia, ningunha corrente de pensamento, ningún feito histórico, literario, social ou cultural debe resultar alleo ao Parlamento de Galicia, a casa de todas as galegas e galegos”.
Por esta razón, argumentou Santalices, “xornadas coma esta, que conmemora o 40 aniversario do pasamento de Celso Emilio Ferreiro, son e serán sempre benvidas nesta institución, máxime tendo en conta que somos en gran parte debedores do traballo, do sufrimento, da incomprensión e do infinito talento de figuras como a que hoxe homenaxeamos”.
Próxima biografía
O titular do Lexislativo galego anunciou que a homenaxe deste luns terá continuidade coa publicación dunha obra sobre Celso Emilio Ferreiro, con textos de Ramón Nicolás e co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e do Parlamento de Galicia.
Insistiu Santalices Vieira en que “para os que nacemos, nos criamos e pensamos en galego, Celso Emilio Ferreiro –ao que tiven o privilexio de tratar na nosa casa de Bande- é unha figura determinante” polo seu compromiso coa lingua e a cultura de Galicia.
A homenaxe celebrada esta tarde no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia contou tamén coas intervencións do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes; o profesor Ramón Nicolás, biógrafo de Celso Emilio Ferreiro; e o académico e ex-presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero “un dos grandes sabios da nosa tribo”, en palabras de Santalices.
Alumnado do IES Castelao, de Vigo, e do IES Celso Emilio Ferreiro, de Celanova, deron lectura a diferentes textos do autor homenaxeado. Por parte da familia, interviñeron Luis Ferreiro fillo de Celso Emilio, e Benxamín Ferreiro bisneto de Celso Emilio Ferreiro. O acto foi presentado pola actriz Isabel Blanco, Premio Celanova, Casa dos Poetas 2019.
Limiar, poema de Celso Emilio na voz de Suso Vaamonde
17-03-2019
Disco: Limiar
Edición: Dial Disco S.A. 1979
Disco: Limiar
Edición: Dial Disco S.A. 1979
A xeito de S.O.S.
falo na madrugada:
Pechái tódalas portas
e que xa ninguén saia.
Sin a seiva nutricia
esmorecen as gallas.
Arbre antigo, Galicia,
fendérono as machadas.
Unha ponla no mundo,
outra ponla na casa.
A ponla de alén mar
é soio unha metáfora.
O povo quere terra
coma Anteo na fábula.
A terra quere povo
para ser fecundada.
Nunca virá de fora
remedio ou esperanza.
Si o noso pobo morre
quedámonos sin patria,
pois patria e pobo son
o mesmo en dúas palabras.
Pechái tódalas portas
e que xa ninguén saia.
Viaxe ao país dos Ananos 1968
A modo de S.O.S.
hablo en la madrugada:
Cerrad todas las puertas
y que ya nadie salga.
Sin la savia nutricia
desfallecen las ramas.
Árbol antiguo,Galicia,
lo hendieron las hachas.
Unna rama en el mundo,
otra rama en la casa.
La rama de allende el mar
es solo una metáfora.
El pueblo quiere tierra
como Anteo en la fábula.
La tierra quiere pueblo
para ser fecundada.
Nunca vendrá de fuera
remedio o esperanza.
Si nuestro pueblo muere
nos quedamos sin patria,
pues patria y pueblo son
lo mismo en dos palabras.
Cerrad todas las puertas
y que ya nadie salga.
Viaje al país de los Enanos 1968
O Parlamento de Galicia homenaxea a Celso Emilio Ferreiro
Limiar, poema de Celso Emilio na voz de Suso Vaamonde
Celso Emilio, IIº Premio Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio, Comunicado do Padroado da FUNCEF
Celso Emilio, poema “Gaita irreal” interpretado por Suso Vaamonde
Celso Emilio, IIº Premio Celso Emilio Ferreiro
04-01-2019
O Grupo SON TRÍO (Katerina Linke, Su Garrido Pombo, Susanna Blanco) vén de ser escollido polo Xurado do IIº Premio Celso Emilio Ferreiro de poemas Musicados como gañador do mesmo.
O tema premiado é o poema Un Día, poema do libro Viaxe o País dos Ananos.
Parabéns.
El tema premiado es el poema Un Día, poema del libro Viaje al País de los Enanos.
Enhorabuena.
O Parlamento de Galicia homenaxea a Celso Emilio Ferreiro
Limiar, poema de Celso Emilio na voz de Suso Vaamonde
Celso Emilio, IIº Premio Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio, Comunicado do Padroado da FUNCEF
Celso Emilio, poema “Gaita irreal” interpretado por Suso Vaamonde
Celso Emilio, Comunicado do Padroado da FUNCEF
25-11-2018
Acta que recolle os acordos tomados na reunión do Padroado da FUNCEF, celebrada na cidade de Vigo o día 17 de novembro de 2018
En Vigo a dezasete de novembro de 2018, reunido o Padroado da Fundación Celso Emilio Ferreiro en xuntanza extraordinaria e como único punto do día a tratar o seguinte:
– II Edición do premio de poemas musicados Celso Emilio Ferreiro, valoración de incidencias e do comunicado emitido pola Fundación o catro de novembro a través da súa páxina web, onde se decretaba a suspensión da convocatoria e do proceso debido á pouca participación.
O Padroado decide, tendo en conta o malestar causado por esta decisión, e atendendo ás persoas ou colectivos que se sentiron prexudicados polos consecuencias da devandita suspensión, o seguinte:
1º- Asumimos como defecto propio da Fundación a escasa difusión pública da convocatoria o que motivou a baixa participación.
2º- Lamentamos a precipitación na decisión de suspensión, resolución que se adoptou sen ter en consideración o procedemento prefixado nas bases. Por este motivo, e segundo dispoñen as bases publicadas que rexen esta convocatoria, deberá ser o xurado nomeado ao efecto quen tome as decisións oportunas no referente á calidade e pertinencia das candidaturas presentadas.
3º- Declaramos publicamente que se retoman os prazos expresados na convocatoria. En consecuencia, anulamos a suspensión anunciada e o veredicto do xurado darase a coñecer o día 4 de xaneiro de 2019 con motivo do aniversario do nacemento do poeta a través da páxina web www.celsoemilioferreiro.org.
4º- Expresamos publicamente a nosa gratitude e respecto polo traballo artístico desinteresado que realizaron persoas e colectivos que presentaron os seus proxectos a esta II edición do certame.
5º-Asi mesmo, consideramos preciso lembrar que o concurso de poemas musicados é un proxecto da FUNCEF que conta cunha dotación económica sostida unicamente con fondos propios. Trátase dunha iniciativa privada, que non conta con ningún tipo de subvención e na que o xurado colabora de xeito completamente desinteresado. Un proxecto que nace para recoñecer o inestimable valor da creación musical na difusión da obra de Celso Emilio.
Por último agradecemos a todas as persoas implicadas na organización, nomeadamente ao Director da FUNCEF, o tempo e ilusión investidos en sacar adiante este proxecto.
Raquel Ferreiro Llatas
Presidenta do Xurado do II Premio de poemas musicados Celso Emilio Ferreiro
O Parlamento de Galicia homenaxea a Celso Emilio Ferreiro
Limiar, poema de Celso Emilio na voz de Suso Vaamonde
Celso Emilio, IIº Premio Celso Emilio Ferreiro
Celso Emilio, Comunicado do Padroado da FUNCEF
Celso Emilio, poema “Gaita irreal” interpretado por Suso Vaamonde
Celso Emilio, poema “Gaita irreal” interpretado por Suso Vaamonde
25-11-2018
Canta: Suso Vaamonde
Edita: MOVIEPLAY
Ano: 1977
Canta: Suso Vaamonde
Edita: MOVIEPLAY
Año: 1977
No lusco-fusco
pasa un gaiteiro.
Non sei si de mar
ou de vento.
Canta e chora
a un tempo,
laios no roncón,
trinos no punteiro.
Leva a Terra con il,
sen il sabelo.
Esperanzas
e medos.
Longas noites
de sofremento.
No solpor
hai un gaiteiro.
Non sei si é ave
ou si é berro.
Viaxe ao país dos ananos , El Bardo 1968
Gaita irreal
Al anochecer
pasa un gaitero.
No sé si de mar
o de viento
Canta y llora
aun tiempo,
lamentos en el roncón,
trinos en el puntero.
Lleva la tierra con él,
sin él saberlo.
Esperanzas
y miedos.
Largas noches
de sufrimiento.
En el crepúsculo
hay un gaitero.
No sé si es ave
o si es grito.
Viaje al país de los enanos , El Bardo 1968